A música da antiga Grecia era unha arte moi presente na sociedade da época, tanto en celebracións e funerais, no teatro, a través da música popular ou a través das baladas que presentaban os poemas épicos. Polo tanto, representaba un papel integral na vida dos habitantes da antiga Grecia.
Actualmente consérvanse fragmentos significativos da notación musical empregada polos gregosHenderson, p. 327.Ulrich, p. 16., así como moitas referencias literarias á música da antiga Grecia. A través das fontes, foi posíbel investigar —ou polo menos ter unha certa idea— de como soaba a música grega, o seu papel na sociedade, as cuestións económicas relacionadas con esta arte ou a importancia social dos músicos. A propia actividade de tocar instrumentos musicais adoita estar presente nas imaxes que se atopan na cerámica grega. De feito, a propia palabra música provén do nome das musas, as fillas de Zeus que, segundo a mitoloxía grega, inspiraban todas as actividades creativas e intelectuais.
Son da música da antiga Grecia Nun momento dado, Platón fixo esta crítica da música moderna do seu tempo: miniatura|Fotografía da pedra orixinal de Delfos na que aparece o segundo dos dous himnos na honra de Apolo. A notación musical represéntase nos símbolos que aparecen de forma descontinua sobre a liña principal ininterrompida de signos alfabéticos gregos. Podemos supoñer a partir das súas referencias a formas e leis establecidas da música que polo menos parte da formalidade do sistema harmónico pitagórico calara na música grega, polo menos cando era interpretada por músicos profesionais en público. Nos seus escritos, Platón estaría precisamente a queixarse do afastamento destes principios cara ao "espírito de ruptura das leis".
Entre os infractores seguramente estaría Aristóxeno de Tarento, quen sostiña que as notas da escala non debían xulgarse pola proporción matemática, como sostiñan os pitagóricos, senón polo significado absoluto. En esencia, Aristóxeno de Tarento dicía que, dado que de todos os xeitos non se podía escoitar a "música das esferas", por que non simplemente cantar e tocar os sons bos e razoábeis para nós? Esta simple filosofía subxace ao movemento posterior cara ao sistema temperado e é mesmo comparábel á división da música no século XX entre a música tonal e a música atonal. miniatura|Pan instrúe a Dafnis no uso da frauta. Polo tanto, xogar co que "soaba ben" violaba o uso axeitado do ethos dos modos. É dicir, os gregos desenvolveran un sistema complexo que relacionaba características particulares de natureza emocional e espiritual con certos modos. Os nomes dos distintos modos derivaban dos nomes das tribos e pobos gregos, cuxo temperamento e emocións se dicía que se caracterizaban polo son único de cada modo. Así, os modos dóricos eran "ásperos", os frixios "sensuais", e así sucesivamente. Noutro lugarPlatón, A República, citado en Strunk, pp. 4-12., Platón comenta o uso axeitado dos diferentes modos: dórico, frixio, lidio, etc. É difícil para un sentido moderno relacionar o concepto de ethos coa música excepto por comparación coas nosas propias percepcións. Así, unha escala menor úsase para a melancolía e unha escala maior para case todo o demais, desde a música alegre ata a heroica. En realidade, hoxe sería máis comparábel ao sistema de escalas utilizado na India e coñecido como raga, que percibe diferentes escalas como máis apropiadas para a mañá, outras para a tarde, e así sucesivamente.
A escala A escala fundamental dos antigos gregos era a dóricaSegundo a denominación grega, non a medieval.: re, mi, fa, sol, la, si, dó, re. Non obstante, mentres que a escala moderna é esencialmente "ascendente", a dórica era "descendente": ascender era, aos ollos dos gregos, usar o sentido inverso. O lugar dos semitóns nas dúas escalas é o mesmo, se cada escala se considera no seu sentido directo, e non no sentido inverso. Non esquezamos que unha escala é un movemento melódico, e que a dirección deste movemento depende das atraccións entre as notas, e despois da determinación do lugar dos semitóns.
A nosa escala ten unha tónica que está no primeiro grao. Pero a noción de tónica non ten sentido agás desde o punto de vista moderno da harmonía, un concepto que, tal e como o entendemos, foi ignorado polos gregos. A súa escala non tiña tónica, pero había unha nota que xogaba un papel preponderante: era a mediante. Na escala dórica, a mediante era o la. O seu nome debíase á súa posición case central, e a súa importancia debíase ao feito de que a maioría das relacións melódicas se percibían directa ou indirectamente en relación con ela.
A escala dórica era a escala fixa na música grega, pero transformouse nunha serie de varias escalas ou modos, dependendo do desprazamento do punto de partida e da media.
Os modos gregos eran: dórico, hipodórico, frixio, hipofrixio, lidio, hipolidio, mixolidio, hipomixolidio (=dórico). miniatura|Auleta (instrumentista do aulo), lecite ática con fondo branco, c.-480, Museo Arqueolóxico Rexional de Palermo . Do mesmo xeito que a nosa escala maior e a nosa escala menor traspoñen a nota la, sen doces tonalidades diferentes mediante alteracións ascendentes ou descendentes, os gregos empregaban transposicións análogas. Mesmo sabían modular á quinta inferior por medios puramente melódicos. Ata aquí a exposición do sistema musical grego segundo a súa forma máis antiga, que os gregos chamaban "xénero diatónico", porque era aquel no que as cordas da lira alcanzaban a máxima tensión, e que se caracterizaba pola seguinte disposición dos intervalos no tetracordo inferior da escala: la-sol-fa-mi .
As complicacións, sen dúbida de orixe oriental, introducíronse posteriormente na música grega, baixo os nomes de escala cromática e escala enharmónica. A cromática definíase coa seguinte disposición do tetracordo inferior da escala: la-fa #-fa (b)-mi.
En canto á escala enharmónica, moi diferente da moderna, introduciu o cuarto de ton na escala. A falta de símbolos máis axeitados, represéntase cun fa seguido dun bemol ♭ que se usa para baixar a nota fa un cuarto de ton no tetracordo inferior da escala enharmónica la-fa-fa (b/)-mi.
A música grega era esencialmente homófona, como todas as músicas da antigüidade. Os gregos non consideraban musical a produción simultánea de dúas melodías diferentes. Ademais, descoñecían a harmonía no sentido moderno da palabra.
Cando cantaban os coros, sempre o facían ao unísono ou en oitava, e o aumento dunha canción en oitava, como ocorría cando as voces infantís se asociaban coas voces adultas, parecíalles unha complicación atrevida. Os instrumentos que acompañaban as voces contentábanse con aumentar a súa parte, ás veces, con todo, engadindo unha "nota cambiata". Pero estes ornamentos ou mesturas de sons non tiñan, en ningún grao, o carácter ou o papel dos nosos contrapuntos sobre harmonías modernas.
En definitiva, os sons das escalas varían dependendo de onde se atopen os tons e semitóns. Aínda que a música occidental moderna distingue relativamente poucos tipos de escalas, os gregos empregaron esta colocación de tons, semitóns e mesmo cuartos de ton para desenvolver un amplo repertorio de escalas, cada unha cun suposto "ethos". Non obstante, non hai probas que permitan concluír que unha secuencia de notas nunha escala particular corresponda "naturalmente" a unha emoción ou trazo de personalidade en particular. Non obstante, a idea grega da escala (incluído o seu nome) sobreviviu na música romana posterior e na Idade Media, un exemplo do cal pódese atopar no sistema modal eclesiástico.
Polas descricións que chegaron ata nós dos escritos de Platón, Aristóxeno de Tarento e, máis tarde, Boecio, podemos dicir, aínda que con certa cautela, que os antigos gregos, polo menos os anteriores a Platón, escoitaban música que era principalmente monofónica, é dicir, construída con melodías sinxelas baseadas nun sistema de modos ou escalas, construídas baixo o concepto de que as notas deben colocarse entre intervalos consonantes. En musicoloxía acéptase comunmente que a harmonía, no sentido dun sistema desenvolvido de composición no que moitos tons contribúen simultaneamente á expectativa de resolución do público, foi inventada na Idade Media europea, e que as culturas antigas non tiñan un sistema desenvolvido de harmonía. Non obstante, é obvio polo texto de Platón que os músicos gregos ás veces tocaban máis dunha nota á vez, aínda que aparentemente isto se consideraba unha técnica avanzada. O fragmento musical que se conserva do Orestes de Eurípides require claramente que se toquen máis dunha nota ao mesmo tempo. Tamén existe un estudo interesante no campo da música antiga no Mediterráneo (descifrando escrituras musicais cuneiformes) que defende a existencia de varios sons ao mesmo tempo e a invención teórica dunha escala moitos séculos antes de que a escritura chegase a Grecia. Non obstante, todo o que se pode dicir das probas existentes é que, aínda que os músicos gregos empregaban a técnica de facer soar varios tons simultaneamente, a forma máis común e básica da música grega era a monofónica.
Todo isto semella evidente se consideramos os escritos de Platón:
O ritmo A teoría do ritmo tiña para os gregos unha importancia capital e adquiriu un desenvolvemento considerábel, cuxo análogo se atopa nos tratados modernos sobre composición.
O pulso, que servía de base do sistema, era o valor de duración da máis pequena, a "breve" (˘), o múltiplo era a longa (-), que equivalía a dúas breves. Combinando longas e breves, obtíñanse diferentes ritmos elementais ou "pés", que corresponden aos tempos dos nosos compases: o iambo (˘-), o troqueo (-˘), o tribraquio (˘˘˘), o dáctilo (-˘˘), o anapesto (˘˘-), o espondeo (--), etc. Ao xuntar varios pés, formábanse metros, do mesmo xeito que os nosos compases están compostos de tempos. A unión de varios metros daba lugar a un elemento de fraseo ou κῶλον kólon. Xeralmente, o fraseo estaba composto por dous κῶλα kola.
Os fraseos agrúpanse en períodos e os períodos en estrofas, ás que adoitaba seguir a antístrofa e o épodo (coda). As leis máis meticulosas e variadas aplicábanse á construción destes grandes conxuntos rítmicos, que aparecían ben nunha oda de Píndaro ou ben nunha escena tráxica de Esquilo; moi semellantes na súa arquitectura ás sonatas e ás sinfonías. Estas regras de construción foron completamente ignoradas na Idade Media. Redescubertas grazas ao instinto dos grandes mestres clásicos, non se enunciaron dun xeito moi explícito ata despois do descubrimento no século XX do verdadeiro significado da doutrina dos antigos.
Partituras miniatura|Partitura do Epitafio de Séikilos|esquerda Consérvanse uns sesenta fragmentos musicais gregos, por desgraza moi incompletos, transmitidos esencialmente en papiros de época grecorromana atopados en Exipto. Sobreviviron poucas pezas completas, como o Epitafio de Séikilos (século -II), algúns Himnos de Mesomedes -músico habitual do emperador Hadriano- que chegaron aos nosos días grazas á súa inclusión en manuscritos medievais, e algunhas pezas instrumentais anónimas. Consérvanse trinta e sete notas do Orestes de Eurípides e unhas vinte notas de Ifixenia en Áulide, do mesmo autor.
Entre as pezas fragmentarias, as máis importantes son os Himnos de Delfos, dous himnos do século -II descubertos en 1893-1894 por Théodore Reinach. Un deles é o chamado Himno de Apolo, que se cre que é a peza musical anotada máis antiga conservada en Occidente. Estaba inscrita nunha pedra no santuario de Delfos e parece que estaba pensada para ser interpretada cunha cítara. Probabelmente foi escrita para louvar o deus Apolo nos xogos píticos. No Museo do Louvre atopouse un fragmento dun extracto da traxedia Medea, do dramaturgo Carcino. miniatura|Representación das musas danzantes (século XVI). miniatura|Frauta de Pan ou siringa.