A garrucha (de garrucha, polea) era unha forma de tortura que consistía en atar as mans do condenado ás costas e, tras isto, alzalo lentamente cunha polea, normalmente situada no teito. Logo deixábaselle caer con violencia, pero sen que o individuo chegase a tocar o chan. A manobra adoitaba dislocar as extremidades superiores do condenado. Se o peso do corpo non fose suficiente podíase engadir, colgando obxectos dos pés, un peso adicional. Historia A garrucha foi un dos tres métodos de tortura máis usados pola Inquisición española xunto co «tormento da auga» e o «poldro». A garrucha consistía en colgar o reo do teito cunha polea cunha corda atada ós pulsos e con pesos atados aos nocellos, ir izándoo lentamente e soltar de súpeto.

En Italia, esta tortura tiña o nome de tratti di fune ou strappato, e a ela foron sometidos, por exemplo, persoas como Maquiavelo ou Savonarola antes de ser queimado na fogueira baixo a acusación de ser un herexe, e Jaime de Montesa, antes de ser decapitado por xudaizante.

Era unha tortura usada nos campos de concentración nazis, que en ocasións se prolongaba até a morte da vítima.

Notas

Categoría:Tortura