O encoro de La Jarosa (tamén coñecido como pantano de La Jarosa) atópase no val de La Jarosa, e pertence ao concello madrileño de Guadarrama; é o encoro máis pequeno da serra de Guadarrama, cunha capacidade de 7,2 hm³ e unha superficie de 55 hectáreas. Malia o seu reducido tamaño, este encoro forma parte do catálogo de encoros e zonas húmidas da Comunidade de Madrid. A el accédese dende a estrada comarcal M-614.
Porén, La Jarosa non só designa ao propio pantano ao que dá nome, senón tamén ás pradarías que rodean as súas beiras (conformando unha superficie total de 93 hectáreas), a varias zonas recreativas contiguas e a extensos piñeirais entre os cales xace o encoro. Neste vasto terreo atópanse as ermidas de Nosa Señora de La Jarosa e a ermida do Altar Maior.
La Jarosa está incluída no Parque Nacional de Guadarrama: a zona baixa que contén o pantano pertence á zona de «interese socioeconómico», mentres que a zona máis alta de La Jarosa, lindeira ao Porto de Guadarrama ou do León, inclúese na Zona de Protección do parque nacional.
Historia O encoro de La Jarosa foi construído no ano 1968, de maneira acorde á política económica franquista relativa aos encoros hidráulicos. Emprazouse na aldea de La Herrería, despoboada dous séculos antes. Aínda hoxe en día é posible ver os restos da torre da ermida de San Macario, aloxada nas pradarías que rodean o pantano. Cando o nivel da auga o permite, pódese pasear entre os restos das antigas casas da aldea que quedaron baixo as augas do encoro.
Notas
Categoría:Accidentes xeográficos da Comunidade de Madrid