Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Serrure
Constant-Philippe Serrure, nado en Anveres o 22 de setembro de 1805 e finado en Moortsele, Flandres Oriental, o 6 de abril de 1872, foi un historiador, numismático, bibliófilo e profesor universitario belga.
Foi o avó do tamén numismático Raymond Serrure (1862-1899).Cenleucer, A. de. (1920). "Serrure (Raymond-Constant)". En Biographie nationale. Académie royale des ciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique. Tomo XX. Páxina 265.Mazerolle, F. (1899). "Raymond Serrure 1862-1899. Biographie". En Gazette numismatique française. Ano 3. Páxina 221.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Serrure naceu en Anveres o 22 de setembro de 1805,Mantels, R. (2023), Deprez, A (1998). fillo de Jeanne-Pétronille van der Schrieck (1774-1855) e do comerciante de diamantes Pierre-François Serrure.
Concluída a súa educación secundaria, traballou brevemente como empregado na Administración tributaria e logo ingresou, en 1826, na Universidade Estatal de Lovaina para cursar estudos superiores de Dereito, dos que se graduou en 1832, logo de varios atrasos causados en parte pola Revolución Belga de 1830 e en parte tamén pola súa propia dedicación á investigación histórica, en paralelo aos estudos xurídicos.
Carreira profesional e erudita Concluída a súa etapa universitaria, Serrure traballou como avogado en Anveres durante uns meses. Despois de rexeitar unha oferta para ser nomeado bibliotecario xefe de Lovaina en 1830, acadou o posto de conservador dos Arquivos Estatais de Flandres Oriental en 1833. Durante os seus primeiros anos en Gante preparou unha edición do cartulario da Abadía de San Bavón.Löbell, J. W. (1837). Lettres sur la Belgique. Bruxelas. Páxinas 277-278. Participou na revitalización do xornal de temática histórica Messager des sciences historiques, cuxa publicación ficara suspendida desde 1830, e formou parte do comité de nomes de rúas da cidade de Gante.De Ceuleneer, A. (1920).
En 1835 comezou a súa vinculación como docente coa Universidade de Gante, desde ese ano como profesor extraordinario e a partir de 1844 xa como catedrático. Serrure impartiu alí clases de Historia de Bélxica (ata 1868) e de Historia Medieval (ata 1871). Nesa institución foi decano da Facultade de Filosofía e Letras de 1850 a 1854, e posteriormente foi nomeado reitor, entre 1855 e 1857, cando foi destituído polo Goberno debido a friccións políticas. Finalmente, pasou a ser profesor emérito da Universidade de Gante o 19 de agosto de 1871.
De 1855 a 1863 editou cinco volumes dunha miscelánea literaria e histórica baixo o título Museo Vaderlandsch voor Nederduitsche letterkunde, oudheid en geschiedenis.Véxase "(1855-1863)" en "Publicacións". Vaderlandsch museum voor Nederduitsche letterkunde, oudheid en geschiedenis. Vol. I (1855); Vol. II (1858); Vol. III (1859-1860) Vol. IV (1861); Vol. V. (1863). Gante.
Xa durante a súa etapa como estudante universitario, Serrure comezou o seu interese pola numismática, e foi daquela cando comezou a súa colección de moedas e medallas, con especial atención ás dos Países Baixos. Tamén foi moi relevante a súa colección de libros e de manuscritos —entre os que destaca o coñecido como "manuscrito Van Hulten"—, algúns dos cales foron publicados por el en condición de editor.
miniatura|Carta coa sinatura de Constant Philippe Serrure, destinada a Prudens van Duyse (1859).
Serrure foi membro fundador e colaborador da Sociedade de Bibliófilos Flamengos, entidade que publicou edicións de textos flamengos medievais. Tamén foi un participante asiduo nos congresos literarios neerlandeses celebrados desde 1849 e pertenceu a entidades como a Sociedade para a Promoción da Lingua e a Cultura Neerlandesa e da Sociedade Flamenga.
Entre outras honras, o 24 de setembro de 1855 foi nomeado cabaleiro da Orde de Leopoldo.
Vida persoal O 30 de xullo de 1834 Serrure casou con Mathilde van Damme, filla de Antoine van Damme e de Régine Hautshont.
A partir da súa xubilación na universidade en 1871, Constant-Philippe Serrure viviu retirado en Moortsele, cidade onde finou o 6 de abril de 1872. Logo do seu pasamento, as súas coleccións de moedas, medallas, libros, obras de arte e antigüidades foron vendidas en sucesivas poxas públicas, cuxos catálogos se imprimiron en 14 volumes.
Publicacións Ademais da compilación de numerosos catálogos de poxas de antigüidades, da edición de textos antigos dentro da sociedade de Bibliófilos Flamengos, e da contribución con artigos en revistas e xornais especializados, Serrure publicou varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes.
Escolma de monografías
(1836). Le livre de Baudoyn, conte de Flandre, suivi de fragments du roman de Trasignyes (con A. Voisin). Berthot & Périchon, Bruxelas. (1836). Sur la naissance de Marguerite de Parme, gouvernante des Pays-Bas. Hebbelyncl, Gante. (1836-1838). Cartulaire de St-Bavon à Gand. Gante [Edición de 1840] (1840). Voyages et ambassades de messire Guillebert de Lannoy. Hoyois, Mons. (1847). Notice sur le cabinet monétaire de Son Altesse le Prince de Ligne. Annot-Braeckman, Gante. (1855-1863). Vaderlandsch museum voor Nederduitsche letterkunde, oudheid en geschiedenis. Vol. I (1855); Vol. II (1858); Vol. III (1859-1860) Vol. IV (1861); Vol. V. (1863). Gante. (1861). Jan van Havre, heer van Walle. Steendrukkery, Gante. (1862). Notice sur un tableau du XVe siècle, provenant de l'église de St-Bavon, à Gand. Vann Doosselaere, Gante. (1862). Notice sur Engelbert II, comte de Nassau, lieutenant général de Maximilien et de Philippe le Beau aux Pays-Bas . Busscher Frères, Gante.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ceuleneer, A. (1913). "C.Ph. Serrure". En Liber Memorialis Gent. 1. Páxonas 81-94. De Ceuleneer, A. (1920). "Serrure (Constant-Philippe)". En Biographie Nationale de Belgique. Vol. 22. Bruxelas. Páxinas 251-264. Mantels, R. (2023), Deprez, A (1998). "Serrure, Constant P.". En Encyclopedie van de Vlaamse beweging (DEVB.be). Rens, F. (1873). "Constant Philippe Serrure". En Nederduitsch Letterkundig Jaarboek. 40. Páxinas 141-144. Van Even, E. (1872). "C.P. Serrure", En De Vlaamsche School. Páxinas 72-77.
Outros artigos
Constant-Antoine Serrure Raymonde Serrure
Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1872 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Filólogos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Bibliófilos Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Lovaina Categoría:Profesores da Universidade de Gante Categoría:Reitores de universidade