miniatura|230x230px|Pasteiro na illa Soidade (Malvina Oriental). Tussok, tusoc, ou tusac é o nome de formacións botánicas caracterizadas pola predominancia das gramíneas coriáceas dunha altura de entre 1 e 2 metros. As formacións de tussok atópanse principalmente nas áreas frías, aínda que non constantemente nivais, do Hemisferio Sur. Así, este tipo de formación botánica é típica nas grandes chairas de América do Sur, particularmente nas chairas de Chile e Arxentina. Adoita atoparse sobre solo podsólico ou solo pobre en materia orgánica, e en climas onde son habituais os ventos fortes, sendo estas matas tipicamente redondeadas e achaparradas.

Dependendo da humidade e o tipo de solo existen tussokes secos e tussokes húmidos. Os tussokes secos presentan formacións esteparias ralas e chas, con espazo abundante entre as matas; os tussokes húmidos, porén, son densos, con pouco espazo entre as plantas.

Exemplos de tussokes húmidos poden atoparse ao norte da Terra de Fogo, nas Illas Malvinas, e noutras illas subantárticas coma as Kerguelen –onde se atopa a Chaira do Tussok (Plateau du Tussok)–, así coma nas Antillas do Sur, e como acontece en algunhas zonas das Xeorxia do Sur, e no sueste da Illa Sur de Nova Zelandia na Chaira de Canterbury, onde é predominante a especie de poácea Poa flabellata. Canto máis meridonal é a distribución do tussok, tanto máis se achega á tundra.

O tussok seco é característico de Comahue, en Arxentina, e da Patagonia Oriental, onde predominan as especies coma a Festuca gracillima ou o Mulinum spinosum.

Os estudos amosan unha taxa de medranza poboacional negativa, debido en parte á lentitude do seu crecemento e á mortalidade por fragmentación. Malia idoneidade do tussok para forraxe, tense mencionado a importancia de controlar o pastoreo para evitar un grande impacto ambiental, que afectaría negativamente á biodiversidade e estabilidade do solo, entre outros factores. https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S1550742405500745

En Australia

Nassella trichotoma, introducida de Suramérica, é considerada unha maleza en Australia.

En Nova Zelandia

Chionochloa australis Poa colensoi Poa caespitosa Festuca novaezelandiae Chionochloa flavescens Chionochloa rubra

En Europa

Ampelodesmos mauritanica

Bibliografía

Walker, T. W. “The Ecology of Tussock Grasslands: Discussion” (1955). Proc. NZ Ecol. Soc 3:7. “Un quinto de Nova Zelandia ten vexetación de tussock; relacionada coas estepas do mundo“.

Categoría:Xeografía Categoría:Botánica