Valentín Barreiros Bermejo, nado en Ourense en 1976, é un escritor e investigador cinematográfico galego.
Traxectoria Empregado público, licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e con estudos avanzados (C.2.) en Lingua Galega pola Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse no audiovisual coa participación en cursos formativos de realización e de produción. Participou como cámara e axudante de realización en diferentes programas de televisións locais, ademais de colaborar en apartados técnicos e artísticos de varias producións audiovisuais. Dirixiu as curtametraxes Ecos (2004), Mulleres de contra (2005) e Fume (2009). Foi coordinador das Xornadas de Formación e Audiovisual, dos encontros Conversas Ou e asesor de programación en distintas edicións do Festival de Cine de Ourense. É autor de numerosos artigos e libros de divulgación cinematográfica, do poemario Caderno de verán (2026) e formou parte de obras colectivas de narrativa e de difusión cultural. Vinculado á prensa como colaborador en diversas publicacións, dende 2020 é un dos redactores da revista Inviable. En 2026 quedou finalista na terceira edición do Certame Internacional de Minicontos Ferradura en Tránsito II.
Obra En galego Ensaio
Poesía Caderno de verán. Con gravados de Xosé Poldras. Duvave/Saurobuks. 2026. p. 80. ISBN 978-84-09-81057-4.
Obras colectivas
"Contaaluz". Con Xosé Poldras e David González Couso. 2025.
En castelán Obras colectivas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
15x15px 15x15px
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo