A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda coas provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte coas provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.
Ata 1995 a provincia incluía Melilla.
Xeografía Boa parte do seu territorio está comprendido dentro das serras do Sistema Penibético separadas pola Depresión Intrapenibética, nesta provincia coñecida como a Foxa de Antequera. No Oeste sitúase a comarca da Serranía de Ronda e polo Leste os maiores accidentes orográficos son a serra de Almijara, Tejeda e Alhama. Ao Sur, paralela á Serranía de Ronda érguese a Serra Bermeja. Ao pé da Serranía de Ronda sitúase Foxa de Málaga.
A vexetación espontánea normalmente inclúe matogueira, sendo o palmito (Chamaerops humilis) a planta representativa. Tamén aparecen fragas de piñeiros e pinsapos (comúns na Serra de Grazalema). No interior dominan os bosques de aciñeiras e sobreiras.
Comarcas A división comarcal da provincia está regulamentada pola Deputación de Málaga, e actuamente son as seguintes: Comarca de Antequera, Axarquía - Costa do Sol Oriental Costa do Sol Occidental Guadalteba Málaga - Costa do Sol Comarca Nororiental (Nororma) Serranía de Ronda Sierra de las Nieves Val do Guadalhorce
Espazos protexidos Son cinco os parques naturais que existen na provincia: Parque natural da Sierra de las Nieves. Parque natural dos Montes de Málaga. Parque natural dos Alcornocales. Parque natural da serra de Grazalema. Parque natural das serras de Tejeda, Almijara e Alhama.
Son seis as paraxes naturais:
Cantís de Maro. Desembocadura do Río Guadalhorce. Desfiladeiro dos Gaitanes. Los Reales de Sierra Bermeja Los Reales de Sierra Crestellina. Torcal de Antequera.
Parques Periurbanos:
Devesa de El Mercadillo. Piñeiral de El Hacho. Serra de Gracia.
Monumentos Naturais:
Tornillo del Torcal. Pinsapos de Las Escaleretas. Falla da Serra del Camorro. Canón de Las Buitreras. Dunas de Artola ou Cabopino.
Reservas Naturais:
Reserva Natural Lagoa de Fuente de Piedra. Lagoa de la Ratosa. Lagoas de Archidona. Lagoas de Campillos.
Demografía
Véxase tamén
Lista de concellos de Málaga Andalucía
Málaga