Constantino Santos Morán, nado en Bembibre (O Bierzo) cara a 1917 e finado en Ourense o 2 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista español.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Pasou a Portugal en 1940 e con outros refuxiados conseguiu chegar a Porto, onde pasaron o inverno. Foi detido pola policía portuguesa xunto con Rogelio Rodríguez López e Gerardo Núñez Rodríguez logo dun enfrontamento en Vila Nova de Gaia o 5 de marzo de 1941 no que morreron un lexionario e un soldado da Guarda Fiscal e un axente da PVDE resultou gravemente ferido. Entregados ás autoridades franquistas, foron xulgados en Ourense pola causa 127/1941. Condenados a morte, foron fusilados o 2 de outubro de 1941.La Región, 14-10-1941, p. 4.El Compostelano, 14-10-1941, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Constantino Santos Morán

Fosa en el Cementerio de San Francisco II | Fosa en el Cementerio Municipal de Ourense II

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bembibre Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1941