Los asesinos del emperador é unha novela de temática histórica do escritor español Santiago Posteguillo, ambientada no Imperio Romano entre os anos 63 e 99. d. C. Foi publicada en 2011 e é a cuarta novela do autor valenciano. A historia narra a ascensión ao poder do emperador Traxano.Arquehistoria: Entrevista a Santiago Posteguillo. Consultado o 8 de febreiro de 2012

Sinopse miniatura|Santiago Posteguillo, autor da novela. A historia empeza cando o xeneral Traxano, xefe das lexións que defenden a fronteira do imperio na Xermania, recibe unha delegación de senadores romanos que lle piden apoio nunha conspiración para asasinar o emperador Domiciano. Varias persoas próximas ao emperador, que o odian por diversas razóns, están implicadas na trama, incluíndo a súa esposa Domicia Longina, o seu conselleiro Partenio e un liberto chamado Máximo que forma parte do seu servizo persoal. Non obstante, unha formidable garda de selectos lexionarios pretorianos fai que calquera intento de achegarse ao emperador sexa extremadamente difícil. A novela está ambientada durante o período de maior persecución dos cristiáns e da afección do emperador polo circo.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Novelas en castelán Categoría:Novela histórica