Raúl Blanco Juncal, nado en Moaña o 31 de xullo de 2001, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Alcorcón da Primeira Federación, cedido polo club portugués Casa Pia Atlético Clube.

Traxectoria Con 8 anos ingresou na estrutura de base do Celta de Vigo. Tras formarse nas distintas categorías do club vigués, comezou a xogar co equipo xuvenil na División de Honra e en outubro de 2019 adestrou por primeira vez co equipo sénior. En decembro de 2020 foi fichado para xogar no Celta Fortuna da Segunda División B, disputando un total de 12 encontros nesa tempada. O 26 de agosto de 2021 foi cedido ao Club Deportivo Arenteiro da Segunda Federación.

Regresou ao filial celeste para a Primeira Federación 2022/23, renovando contrato en xuño de 2023. Durante as dúas tempadas co conxunto vigués, foi nomeado capitán do equipo e xogou un total de 68 partidos e anotou 17 goles. En marzo de 2024 comezou a adestrar novamente co primeiro equipo.

O 4 de xullo de 2024, Raúl Blanco asinou polo Casa Pia da Primeira Liga. Con este equipo realizou o seu debut profesional o 10 de agosto dese mesmo ano, nun encontro contra o Boavista Futebol Clube. O 9 de xaneiro de 2025 foi cedido ao Racing de Ferrol da Segunda División baixo un contrato temporal de seis meses.

En agosto de 2025, tras concluír o seu vínculo co equipo ferrolano, Raúl Blanco asinou un contrato de cesión co Alcorcón da Primeira Federación.

Vida persoal Raúl Blanco é primo doutros tres futbolistas galegos: Adrián Cruz, Jonathan e Iago Aspas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Raúl Blanco en BDFutbol Raúl Blanco en LaPreferente.com Raúl Blanco en Soccerway

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Futbolistas de Moaña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Centrocampistas de fútbol