Pedro José Justo Castro, nado nas Chás (Oímbra) o 4 de abril de 1880, foi un mestre e político galego.

Traxectoria miniatura|Fallo contra Carlos Reino Caamaño e outros. Mestre de Verín. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte de Comité de Defensa da República de Verín. Foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 22 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 982 Pasou á prisión de Celanova o 20 de marzo de 1937, para volver á prisión de Ourense o 17 de maio. Encartado na causa 1021/36 por auxilio á rebelión xunto con Carlos Reino Caamaño, Juan Antonio Álvarez Diéguez, Manuel Cadavid García, Luis Álvarez Losada, Ernesto Ramos Méndez, Ramón Quintas González, Constantino Gago Gago, Manuel Sola Pareja, Enrique José Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cabido Rodríguez, Ricardo González González, Eduardo Gago Fernández, Gerardo Rodríguez Barja, Lino García Vázquez, Gregorio Barreira Martínez, Sergio Pérez Díaz, José Pérez Delgado, José Sola Pareja, Celso Blanco Castro e Francisco Vaz Álvarez, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 22 de maio e condenado a 20 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, de onde saíu en liberdade condicional o 4 de xullo de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Represión franquista Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 en Galicia Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Pedro Justo Castro

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Oímbra Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en ano descoñecido