Kiustendil (en , historicamente Velbazhd) é unha cidade situada no extremo oeste de Bulgaria, a capital da provincia de Kyustendil. En 2011, tiña unha poboación de 44.532 habitantes.
Toponimia En galego pódese atopar referido como Kyustendil, en búlgaro o nome é Кюстендил. Antigamente foi Велбъжд (Velbazhd).
Foi nomeada en memoria do señor feudal da rexión circundante, Constantino Dragas. O nome antigo da cidade, Pautalia, é tracio.
Xeografía
Localización Kiustendil está situado ao pé do monte Osogovo, ás beiras do río Banska, e é un coñecido centro de baños termais e fruticultura. A cidade está a 90 km ao suroeste de Sofía, 69 km ao noroeste de Blagoevgrad e 22 km da fronteira con Macedonia do Norte e Serbia. A fortaleza foi construída polos romanos.
É un complexo de balnearios nacionais, situado a unha altitude aproximada de 500 metros. Hai máis de 40 mananciais minerais na zona. As augas teñen un alto contido en sulfito. Estas utilízanse para tratar doenzas musculoesqueléticas, xinecolóxicas e outras. A rexión central inclúe varios baños, complexos balnearios e outras instalacións.
Demografía
Categoría:Cidades de Bulgaria