A provincia de Samnium (en galego: Samnio) foi unha división do Imperio Romano empregada durante o seu período coñecido como o "Baixo Imperio".
As provincias do Baixo Imperio Durante a tetrarquía de Diocleciano, tivo lugar unha profunda reorganización da administración romana, un dos aspectos máis destacables da cal foi a creación de provincias mediante a división das xa existentes. As provincias formaban a base da pirámide administrativa. Nos niveis superiores estaban as dioceses (que agrupaban varias provincias), as prefecturas pretorianas (que agrupaban varias dioceses) e, finalmente, o Imperio, que estaba dividido en prefecturas.
Eran dirixidas por un gobernador, onde as súas funcións abarcaban todos os ámbitos agás o militar: mantiñan a lei e a orde, executaban as ordes dos niveis administrativos superiores, administraban xustiza en primeira instancia, recadaban impostos e outros ingresos imperiais ou dos emperadores e encargábanse do servizo postal, así como do mantemento dos edificios públicos.
Historia Creouse arredor do ano 357 cando unha parte de Campania separouse para formar unha nova provincia independente.
Ao non ser unha provincia fronteiriza, viuse libre de ataques e saqueos por parte dos pobos bárbaros ata o ano 408, cando Alarico invadiu Italia por segunda vez. Durante esta guerra, sufriu un gran saqueo e unha grave devastación, caendo nun estado tan deplorable que no 412 os seus impostos reducíronse a unha quinta parte durante cinco anos e no 418 a unha sétima parte.
Características A maior parte do seu territorio atopábase nos montes Apeninos, cunha porción moito máis pequena formando unha zona costeira ao longo do Adriático. Os seus límites administrativos eran: O Piceno Suburbicario e Valeria ao norte, o mar Adriático, Apulia e Calabria ao leste, e a provincia de Campania ao sur e oeste.
Entre as calzadas romanas que atravesaban a provincia, destacaban a Vía Apia e a Vía Traiana .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Provincias romanas Categoría:Historia antiga de Italia