Songs of a Lost World é o décimo cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock gótico The Cure, publicado o 1 de novembro de 2024 a través dos selos Fiction,Everitt, Matt. "Keeping the Faith". Uncut (decembro de 2024)  Lost Music, Universal, Polydor e Capitol Records. É o primeiro lanzamento de material novo da banda en 16 anos dende a publicación de 4:13 Dream en 2008. Todas as cancións do álbum foron compostas unicamente polo cantante/guitarrista Robert Smith, por primeira vez desde o álbum de 1985 The Head on the Door. Tamén é o seu primeiro álbum de estudio no que participa o guitarrista Reeves Gabrels. O disco foi publicado un día despois de Halloween por petición de Smith.

Tras o seu lanzamento, o álbum recibiu eloxios da crítica, loubando especialmente as letras, o son escuro e a voz de Smith. Tamén foi un éxito comercial, sendo o seu primeiro álbum dende Wish (1992) en alcanzar o número un no Reino Unido, e tamén foi un dos álbums máis vendidos de 2024, superando nun momento dado a totalidade do top 10 da semana xuntos. Tamén alcanzou o número un en Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña, Grecia, Países Baixos, Polonia, Suecia e Suíza. Isto deulle á banda tres nomeamentos aos premios BRIT por Álbum do Ano, Grupo do Ano e Actuación Alternativa/Rock. A banda tamén recibiu 2 nomeamentos aos premios Grammy por Mellor Álbum de Música Alternativa e Mellor Interpretación de Música Alternativa por "Alone".

O álbum en directo Songs of a Live World: Troxy London MMXXlV, gravado no concerto de presentación do álbum de The Cure no Troxy de East London, foi lanzado o 13 de decembro de 2024. Un álbum de remesturas, Mixes of a Lost World, foi lanzado o 13 de xuño de 2025.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Cure Categoría:Álbums musicais de 2024 Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Fiction Records Categoría:Álbums de Polydor Records Categoría:Álbums de Universal Records