Ramón Gómez Álvarez, coñecido como Ramón Gómez Nogueira, nado na Caniza en 1867 e finado en Ribadavia o 13 de xaneiro de 1952, foi un comerciante e banqueiro galego.
Traxectoria miniatura|O efificio da Banca Nogueira en Ribadavia. Comenzou a súa vida laboral como aprendiz nun establecemento de tecidos na praza Maior de Ribadavia. Independizouse e abriu un comercio de tecidos na rúa Progreso. Levaba a corresponsalía dos principais bancos do país o que o levou á creación da Banca Nogueira en 1895, que se instalou nas dependencias da tenda. Tamén rexentou a administración de lotería de Ribadavia dende 1914.La Región, 1-10-1914, p. 3. Foi tesoureiro da banda La Lira e do casino La Tertulia. Nos anos trinta constuiu un edificio para as oficinas da banca no cruzamento da estrada do Carballiño e parte de Salgado Moscoso, que se inaugurou en 1947. Finou en Ribadavia o 13 de xaneiro de 1952.Hoja Oficial del Lunes, 14-1-1952, p. 2.
Recoñecementos
Medalla ao Mérito do Traballo, categoría de prata (1946). Vida persoal
Casou en Noia con Carmen Pérez Nen, filla do banqueiro José Pérez Lorenzo.La Región, 2-9-1914, p. 3. Foi pai de Ramón e Carmen Gómez Pérez, que casou con Joaquín Robla Díez. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La Banca Nogueira de Ribadavia Regreso a Ribadavia "Banca Nogueira" Banca Nogueira no Museo Financiero.
Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados na Caniza Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1952