O Prémio CarValho da Cátedra Carvalho Calero foi creado en 2025 con periodicidade anual para distinguir obras individuais ou colectivas, persoas, entidades ou empresas, que contribúan ao coñecemento da produción intelectual, pensamento, valores e personalidade de Ricardo Carvalho Calero, así como promover ou reforzar as relacións da Galiza cos países de Lingua Portuguesa.
Modalidades
Investigación
TFG ou TFM: 500 € antes de impostos. Tese de Doutoramento ou Monografía/Libro publicado: 1000 € antes de impostos.
Os traballos de investigación (Fin de Grao, Fin de Mestrado, Tese de Doutoramento, ensaio) deben ser elaborados en universidades públicas, com preferencia da Galiza ou universidades lusófonas.
Creación
Livro inédito: 1500 €. como dereitos de autor da 1ª ed., e publicación comercial en papel por conta da Através Editora ou en colaboración coa Cátedra Carvalho Calero. (Poesía ou Lírica, Narrativa Longa ou breve, Dramática ou para Teatro/Cinema)
Mención de honra
Entidade, empresa ou personalidade: Diploma de Honra.
Prémios Carvalho GolpeDasa 2025 (1ª ed.)
Investigación
TFG ou TFM: Eliseu Zua Cateco polo TFG Modo de interação e compreensão da língua portuguesa mediante as variantes linguísticas na USC Galiza: o caso dos estudantes lusófonos. Nel o estudante angolano estudou as variantes do portugués no proceso de interacción entre o estudantado do campus compostelán, coincidindo coa experiencia de intercambio do autor. Tese de Doutoramento ou Monografía/Libro publicado: José Manuel Rodríguez Gómez por Carvalho Calero: Por um Galego útil, rendível, económico e competitivo. ISBN 979-13-990743-3-8. No traballo de Joel R. Gómez analízanse máis dun cento de artigos difundidos por Carvalho Calero no xornal La Voz de Galicia, no que se ocupou de temas de política lingüística.
Creación
Creación Literaria a un Libro inédito: Angel José Brea Hernández por Ensinamentos de Rahotep. É unha ambiciosa narrativa de ambiente exipcio, na que o autor traballou durante máis dunha década.
Mención de Honra
Entidade, empresa ou personalidade: Fundación e Asociación Cultural Artabria. Pola súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa e o pleno recoñecemento do galego (entendido como portugués da Galiza) como lingua nacional. Notas
Categoría:Premios de Galicia