miniatura|Cartillas de racionamento iugoslavas para o leite (1950) Unha cartilla de racionamento é un vale emitido por un goberno para que a persoa titular poida obter alimentos ou outros produtos escasos en tempo de guerra ou en situacións de emerxencia en que estea en vigor o racionamento.

Este documento permite acceder a produtos de primeira necesidade como pan, leite, carne ou patacas. Así mesmo, permite rexistrar que os membros das unidades familiares teñen acceso a eses alimentos, repartíndoos de forma equitativa entre a poboación. As cartillas de racionamento foron habituais en gran parte de Europa durante a Primeira e a Segunda guerra mundial, así como na Guerra civil española e durante a autarquía da ditadura de Franco (1939-1952). Tamén se empregaban tras os conflitos bélicos nun esforzo dos países afectados por retomar a produción e a distribución, como sucedeu nos primeiros anos da posguerra española.

En países cunha economía deficiente ou un estado de emerxencia producido por unha catástrofe natural, aplícanse as cartillas de racionamento como unha medida excepcional. Foi o caso de varias nacións comunistas como a República Popular de Polonia, que distribuíron cartillas de racionamento en dúas ocasións, entre abril de 1952 e xaneiro de 1953 e entre agosto de 1976 a 1989.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alimentación Categoría:Primeira guerra mundial Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:Franquismo