Josep Marià de Cabanes i d'Escofet, coñecido tamén como José Mariano de Cabanes, nado en Solsona o 17 de xullo de 1775 e finado en Barcelona o 4 de abril de 1842, foi un político liberal, arqueólogo e numismático catalán, o primeiro alcalde constitucional da cidade de Barcelona.

Traxectoria

Josep Marià de Cabanes i d'Escofet naceu en Solsona, Lleida, o 17 de xullo de 1775,"Cabanes i d’Escofet, Josep Marià de". Dadescat.com nunha destacada familia á que pertencera o antigo capitán xeneral de Cataluña Philippe de Cabanes.«Josep Marià de Cabanes i d'Escofet». En Gran Enciclopèdia Catalana. Grup Enciclopèdia, Barcelona. Os seus pais foron Josefa Escofet i de Roger e de Marià Cabanes i Coma."José Mariano de Cabanes y Escofet". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (historia-hispanica.rah.es).

Exerceu como avogado en Barcelona, cidade da que foi alcalde constitucional en dúas ocasións: no primeiro período (1821-1822), durante o Trienio Liberal, tivo un papel salientable na Xunta de Sanidade no transcurso da epidemia de febre amarela de 1821; e no segundo período (1835-1836) destacou o seu labor na Xunta de Armamento e de Recursos. Ademais, foi senador por Lleida no bienio 1837-1838.«Cabanes, José Mariano». Senado de España (Senado.es).

Cabanes ingresou o 10 de marzo de 1816 na Real Academia das Boas Letras de Barcelona, e tamén foi membro corresponente da Real Academia da Historia, de Madrid. Como estudoso e experto en numismática, foi o recompilador dunha das coleccións de moedas máis completas de España. Tamén posuía unha extensa colección persoal.

Cabanes i d'Escofet finou como consecuencia dun ictus en Barcelona o 4 de abril de 1842, aos 66 anos, e foi soterrado no cemiterio de Poblenou, en Barcelona.«Defuncions.1842. Nº 530 ». Catalegarxiumunicipal.bcn.cat

Publicacións miniatura|Portada de Memoria sobre el Templo de Hércules... (1838). Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables publicados porJosep Marià de Cabanes i d'Escofet..

(1816). Sobre la importancia de la Numismática. (1817). Memoria sobre los vestidos, armas y monedas que se usaron en Cataluña antes de los romanos. (1818). Disertación sobre las 800 monedas de oro godas halladas el año 1816 en la Grassa, parroquia de Constantí. (1838). Memorias sobre el templo de Hércules existente en Barcelona. A Brusi, Barcelona. (1840). Memoria relativa a la Iglesia de Santa María del Pino de Barcelona.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Martínez Gallego, J. M. (2015). "Jaime Casas Pla, autor de “La Numismática Moderna y las Ciencias de la Salud”". En Numismático Digital. 7 de outubro.

Categoría:Nados en 1775 Categoría:Finados en 1842 Categoría:Nados na provincia de Lleida Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Alcaldes de Barcelona Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Coleccionistas Categoría:Avogados de España Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Personalidades sen imaxes