Xente de Rois foi un partido político galego de esquerdas de ámbito local de Rois creado en 2015.

Historia Xurdiu a partir da Asociación Cívica Xente de Rois, constituíndose no ano 2015 como partido político coa finalidade de presentarse nos seguintes comicios municipais. Pere Tobaruela foi elixido como o candidato á alcaldía. Nas eleccións municipais de 2015 obtivo 1 concelleiro, logrando o PP revalidar a maioría absoluta. Antes da celebración das eleccións municipais de 2019 alcanzou un acordo de colaboración con En Marea para conseguir máis apoio, cobertura e visibilidade, ó igual que outras candidaturas municipais de formacións políticas doutros concellos de Galicia. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse novamente Pere Tobaruela como o candidato de Xente de Rois á alcaldía, no entanto, non logrou representación, conservando o PP a maioría absoluta. Non compareceu ás eleccións municipais de 2023.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rois

Categoría:Rois Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia