María Asunción Losada Camba, coñecida como Assum, nada en Donostia o 16 de maio de 1966, é unha activista galega do independentismo vinculada polos medios e por fontes xudiciais á chamada organización Resistência Galega ou REGA, un grupo independentista galego que foi declarado organización terrorista no Estado español.

Traxectoria Asunción Losada e a súa parella, Antonio García Matos, viviron máis dunha década en clandestinidade tras ser sinalados como supostos membros da REGA. Ambos estiveran fuxidos dende o ano 2006. Foron detidos en Vigo en xuño de 2019 no marco da chamada Operación Lusista, xunto con outros supostos colaboradores.

En xaneiro de 2022, Losada Camba e García Matos alcanzaron un acordo coa Fiscalía na Audiencia Nacional, recoñecendo os cargos que se lles imputaban. Ambos aceptaron 28 anos e 3 meses de prisión cada un, por delitos que incluían pertenza a organización terrorista, fabricación de explosivos, falsidade documental e tenza ilícita de armas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Antón García Matos Ceivar

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Membros de Resistência Galega