Veciños de Padrón foi un partido político galego de ámbito local de Padrón creado en 2015.

Historia Xurdiu a partir dunha iniciativa veciñal conformada por persoas de distintas sensibilidades políticas, constituíndose no ano 2015 como partido político co propósito de presentarse nos seguintes comicios municipais. Teresa Rey Pazos foi elixida como a candidata da formación á alcaldía. Nas eleccións municipais de 2015 obtivo unha concelleira, pasando a formar parte da oposición, gobernando o PP en minoría. No ano 2017 os partidos da oposición PGD, PSdeG-PSOE, AxP e Veciños de Padrón acadaron un acordo de goberno que non contou co respaldo necesario para presentar unha moción de censura contra o goberno do PP ó mostrarse os representantes da CIPa e o BNG desconformes coa proposta. Non compareceu ás eleccións municipais de 2019, denunciando ademais Teresa Rey presións externas sobre algúns membros do grupo para que renunciasen a presentarse ós comicios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Padrón

Categoría:Padrón Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia