Carmen Sarille Lanceiro, nada en Montecubeiro (Castroverde) cara a 1913 e finada no mesmo lugar o 23 de agosto de 1937, foi unha política galega.
Traxectoria miniatura|Monólito en lembranza dos 14 asasinados en Montecubeiro.
Irmá de Bonifacio Sarille Tellado, líder da Unión de Labradores de Montecubeiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu irmán Bonifacio fuxiu ao monte con dous compañeiros. O 20 de agosto de 1937 houbo un enfrontamento en Maceda entre os fuxidos do grupo de Manuel Castro Tellado e a Garda Civil, que rematou coa morte do brigada Florencio Martín Moreno e do garda Ramiro González Rodríguez. Isto orixinou unha matanza coñecida como os sucesos de Montecubeiro: Carmen foi unha das 14 veciñas de Castroverde que foron asasinadas o 23 de agosto de 1937, xunto con Virginia Meilán Varela e Manuela Graña Rico.Por que en Montecubeiro? A súa morte foi rexistrada a causa de "órdenes militares". Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo. Castroverde lembrará este domingo os 15 veciños asasinados polos franquistas en 1937 "Vermellas. Chamábanlle rojas"
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes