miniatura|As agullas do proxecto comparadas cun selo. O proxecto West Ford, coñecido tamén como as Agullas Westford e como proxecto Agullas, foi unha proba levada a cabo polo Laboratorio Lincoln do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts para o exército dos Estados Unidos entre 1961 e 1963 para crear unha ionosfera artificial arredor da Terra para eliminar certas debilidades identificadas nas comunicacións militares.

Historia miniatura|Un dos dispensadores de agullas do proxecto. No cumio da guerra fría tódalas comunicacións internacionais tiñan lugar mediante cables submarinos ou por rebote na ionosfera natural. O exército dos Estados Unidos temía que os soviéticos cortaran os cables, deixando como único medio de comunicación a cambiante ionosfera para as comunicacións de ultramar.

Para reducir a ameaza potencial, Walter E. Morrow comezou o proxecto Agullas no Laboratorio Lincoln do MIT en 1958. O obxectivo era poñer en órbita un anel de 480 millóns (Abstract) de antenas dipolo de cobre para facilitar as comunicacións por radio. Os dipolos en conxunto darían soporte pasivo á antena parabólica do proxecto situado no observatorio Haystack, en Westford, Massachusetts, para comunicarse con sitios distantes.

As agullas usadas no experimento medían 1,78 cm de long e 25,4 μm (as de 1961) ou 17,8 μm (as de 1963) de diámetro. O motivo da lonxitude elixida é que é a metade da lonxitude de onda do sinal de 8 GHz usado no estudo. As agullas foron situadas nunha órbita terrestre media, a unha altura entre 3500 e 3800 km e a inclinacións de entre 96° e 87°.

O primeiro lanzamento do proxecto tivo lugar o 21 de outubro de 1961, pero as agullas non se dispersaron como estaba previsto. O segundo intento, o 9 de maio de 1963, tivo éxito, conseguindo facerse transmisións grazas ás agullas. Porén, a idea foi finalmente descartada, en parte debido ao desenvolvemento dos satélites de comunicacións modernos e en parte debido a protestas doutros científicos.

Radioastronómos británicos, astrónomos ópticos e a Real Sociedade Astronómica protestaron polo experimento. O periódico soviético Pravda uniuse ás protestas baixo o titular Os Estados Unidos ensucian o espazo. A Academia Internacional de Astronáutica declarou o experimento como o peor caso de liberación a propósito de lixo espacial.

No seu momento o tema foi levado ás Nacións Unidas, onde o embaixador estadounidense Adlai Stevenson defendeu o proxecto, calmando á maioría de embaixadores doutros países ao explicar que a presión da luz solar farían decaer as agullas nuns tres anos. As protestas internacionais resultaron finalmente nunha cláusula incluída no Tratado do Espazo Exterior.

Aínda que as agullas da segunda proba decaeron nuns cantos anos, algunhas non se despregaron correctamente e permaneceron pegadas en grupos, contribuíndo nunha pequena cantidade ao total do lixo espacial monitorizado pola Oficina do Programa de Lixo Espacial da NASA. Aínda que siguen disminuindo, en 2023 quedaban 44 agregados de agullas de máis de 10 cm en órbita.

Historial de lanzamentos MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasWest Ford 121 de outubro de 1961Atlas-Agena BÉxitoWest Ford 1-Drag9 de abril de 1962Atlas-Agena BÉxitoWest Ford 29 de maio de 1963Atlas-Agena BÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Atlas-Agena B

Categoría:Satélites artificiais