Marika Somogyi, nada en Budapest en 1933, é unha escultora e deseñadora de moedas e medallas naturalizada estadounidense.

Traxectoria

Marika Somogyi Somogyi naceu en 1933 en Budapest, Reino de Hungría, no seu dnunha familia xudía acomodada economicamente. Alí asistiu a unha escola primaria privada ata a segunda guerra mundial, cando se viu na obriga de agocharse nun convento católico para evitar ser capturada polos nazis."Oral history interview with Marika Somogyi". United States Holocaust Memorial Museum (ushmm.org).

A súa familia reuniuse ao remate da guerra, aínda que o seu pai foi arrestado pouco despois. Somogyi estudou na Universidade Húngara de Belas Artes, en Budapest."Marika Somogyi, Sculptor ". Miyens.com Aos 17 anos casou cun home chamado László, e durante a Revolución Húngara de 1956, ela e o seu marido fuxiron de Hungría e trasladáronse nos Estados Unidos.Galatz, K. (2020). "East Bay artist celebrates her 'Charmed Life'". En J. The Jewish News of Northern California. 29 de decembro.

Na súa etapa americana, estudou na Universidade de California, Davis, onde tivo como profesor o escultor Robert Arneson e asistiu a clases maxistrais co escultor italiano Arnaldo Pomodoro. Máis tarde foi profesora na Universidade Estatal de Pensilvania.

Entre os seus traballos cómpre salientar o deseño e o gravado dos anversos de dúas moedas de prata conmemorativas emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos: o dólar do 50 aniversario do Monte Rushmore (1991)"1 Dollar Mount Rushmore". Numista.com e o dólar do Centro de Visitantes do Capitolio (2001)."1 Dollar US Capitol Visitor Center". Numista.com

Tamén foi unha prolífica creadora de medallas, entre as que cabe citar as dedicadas á Ópera de San Francisco, á Sociedade Británica da Medalla de Arte e á Sociedade de Medallistas, as dos premios Plácido Domingo e Maurice Spertus, ou as de persoeiros como Charlie Chaplin, Sherlock Holmes, Marc Chagall ou Eleanor Roosevelt.

A súa obra forma parte das exposicións permanentes de institucións como o Museo Británico, o Instituto Smithsoniano e os Museos de Arte de Berlín, Nüremberg, Dresden, Lisboa, Estocolmo e Budapest.

Recoñecementos

1989: Premio á Excelencia na Escultura Medallística, da American Numismatic Association."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1998: Premio Joel Meisner. 1998: Premio C. A. Brown.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2025). "Somogyi, Marika". En American Numismatic Biographies. Páxina 403.

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Alumnos da Universidade de California, Davis Categoría:Alumnos da Universidade de Belas Artes de Hungría Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores de Hungría Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes