A admiradora (en ) é un telefilme estadouidense de 2016 escrito e dirixido por Damián Romay. Estreouse en galego a través da TVG.
Sinopse A traxedia irrompe cando o avión que devolvía a Chelsea á casa se estrela nunha zona salvaxe e illada. A única outra supervivente do accidente é Evelyn King, unha fervente admiradora de Chelsea, que consegue rescatala entre os restos do sinistro. Mentres Evelyn coida das feridas de Chelsea, a súa actitude vólvese cada vez máis inquietante e obsesiva. Pouco a pouco, Chelsea comeza a sospeitar que a súa salvadora agocha intencións moito máis escuras. Ferida e atrapada, deberá reunir forzas para superar as súas lesións e fuxir de Evelyn, cuxa devoción enfermiza podería acabar converténdose na súa condena definitiva.
Personaxes Erika Christensen como Chelsea Voz da dobraxe galega: Teresa Santamaría Val Lauren como Dillon Voz da dobraxe galega: Chema Gagino Bethany Lauren James como Evelyn Voz da dobraxe galega: Isabel Vallejo Douglas M. Griffin como Shériff Cooper Voz da dobraxe galega: Monti Castiñeiras Jason Kirkpatrick Frank Voz da dobraxe galega: César Cambeiro Wes McGee como Ashley Voz da dobraxe galega: Óscar H. Fernández Thomas Francis como Murphy Walter Voz da dobraxe galega: Xosé Manuel Rodríguez Han Soto como Doutor Ellis Voz da dobraxe galega: Xosé Manuel Rodríguez GiGi Erneta como Reporteira Voz da dobraxe galega: Beatriz García
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego