Demetrio Cidonio (en latín Demetrius Cydonius, en grego antigo Δημήτριος) foi un escritor romano de Oriente que viviu en Cydonia (Κυδώνη) en Creta, pero era natural de Tesalónica ou Constantinopla. Traxectoria Viviu na segunda metade do século XIV. Serviu como funcionario imperial. Cando o emperador Xoán VI Cantacuzeno se retirou á vida monástica, seguiuno e os dous entraron no mosteiro de San Xurxo de Mangana en 1355. Máis tarde foi a Milán, onde se dedicou ao estudo do latín e a teoloxía. Morreu nun mosteiro de Creta despois de 1384, cando unha carta a Manuel II Paleólogo indica que aínda estaba vivo. Escribiu un gran número de obras teolóxicas: Dúas cartas dirixidas a Nicéforo Gregoras ea Filoteo. Monodia, é dicir, "Lamentos", sobre os que morreran en Tesalónica durante os disturbios de 1343. Συμβουλευτικός, un discurso dirixido aos gregos sobre como se podía evitar o perigo turco. Sobre Calípolis, onde aconsellaba aos gregos que non se rendesen. Περι τοῦ καταφρονεῖν τόν Δανατόν. Carta a Barlaam do Seminara sobre o Espírito Santo. Obra contra Gregorio Palamas. Obra contra Planudes. Tamén traduciu moitas obras do latín ao grego14.Demetrius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 969..

Notas

Categoría:Finados en 1398 Categoría:Nados en 1324 Categoría:Monxes ortodoxos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Humanismo