Carlos Américo Troncoso Poceiro, coñecido como Carlos Troncoso, nado en Vilalonga (Sanxenxo) en 1937 e finado en Sanxenxo o 27 de xaneiro de 2026, foi un empresario galego do sector turístico.
Traxectoria Carlos Troncoso naceu e medrou en Vilalonga. Iniciou a súa actividade empresarial coa xestión de pequenos servizos de cátering e aloxamentos de vacacións. Ao longo de varias décadas fundou e impulsou establecementos hoteleiros de sona na bisbarra, como o Hotel Nuevo Astur, o Carlos I Silgar ou o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, todos eles en Sanxenxo. En 1987 Troncoso fundou a axencia Viaxes InterRías, unhas firmas grosistas de turismo en España e Portugal, movendo centos de milleiros de viaxeiros cada ano.
Ademais da súa actividade económica, apoiou iniciativas sociais e deportivas locais, incluíndo o patrocinio a equipos e actividades de Vilalonga.
Galardóns e premios Cebola de Ouro (2013), premio do concello de Sanxenxo pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social da zona. Vida persoal Carlos Troncoso casou con Wilma Gonzalo e tivo un fillo e unha filla, Carlos e Susana.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Axencia de viaxes
Turismo en Galicia Viajes Interrías FF
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios de hostalería Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1937