Juan Manuel López Lombana, nado na Coruña no século XIX e finado en Barcelona o 26 de novembro de 1930, foi un futbolista galego que xogaba como dianteiro.
Traxectoria Era o único fillo varón do condecorado militar coruñés Manuel López Doporto. Xogou ao fútbol como dianteiro e en 1906 foi un dos once xogadores do Deportivo da Coruña no primeiro partido da historia do club, ante o Coruña. Faleceu en Barcelona o 26 de novembro de 1930.
Vida persoal Casou con Remedios Rodríguez e foi pai de Juan Manuel, María e Magdalena López Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados no século XIX Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Finados en 1930