A OU-192 (na provincia de Ourense), é unha antiga estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que inicia na localidade de Prexigueiro e remata na mesma localidade da parroquia de Francelos, no concello de Ribadavia. Ten unha lonxitude de 0,4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-801, no lugar de Prexigueiro e finaliza nun cruzamento coa OU-801, no mesmo lugar. Neste traxecto, cruza unha vella ponte sobre o río Cerves. Foi cedido ao concello de Ribadavia, sobre principios da década de 2020. Esta estrada foi substituída co novo traxecto da actual estrada OU-801.

Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Ribadavia