O X-Sat é un satélite artificial de Singapur lanzado o 20 de abril de 2011 mediante un foguete PSLV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.

Características O X-Sat é unha colaboración de CREST (Centre for Research in Satellite Technologies), unha institución xurdida da Universidade Tecnolóxica Nanyang e os Laboratorios Nacionais DSO de Singapur. O seu obxectivo é demostrar tecnoloxía dirixida a obter imaxes de alta resolución da superficie terrestre e implementar algoritmos de procesamento en paralelo a bordo do satélite para mellorar os resultados de pequenos satélites con capacidades de transmisión limitadas. O satélite leva a bordo unha cámara cunha resolución de 10 metros en modo multiespectral, usando tres bandas no espectro visible e no infravermello, a unidade de procesamento en paralelo e un recepto GPS proporcionado por DLR con fins de experimentación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos PSLV-G

Ligazóns externas Web de X-Sat na Universidade Tecnolóxica de Nanyang

Categoría:Satélites artificiais