Isabelle Kerdudo, nada en Lannion en 1969, é unha catedrática e política bretoa aveciñada en Santiago de Compostela. É a presidenta de Breizhgaliza e estivo nas listas do BNG nas eleccións municipais de 2023 en Santiago de Compostela.

Traxectoria Estudou Filoloxía Hispánica e Linguas Célticas na Universidade de Rennes I e chegou a Galicia por vez primeira en 1988 para facer un curso de galego para estranxeiros. Porén, vive en Galicia dende 1993. Investigou no seu mestrado sobre o entroido de Laza.

É profesora de francés na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.

Participou na fundación da Asociación Galega Pro Lactación Materna Mámoa, é cofundadora da Asociación Abeiro e activista ecoloxista en ADEGA.

Notas

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Lannion Categoría:Alumnos da Universidade de Rennes I Categoría:Profesores da Bretaña Categoría:Políticos do BNG