José Otero Alfaya, nado na Coruña o 7 de xaneiro de 1941 e finado na mesma cidade o 31 de xaneiro de 2026, foi un atleta galego, especialista en lanzamento de martelo.
Traxectoria Comezou practicando natación, chegando a participar no primeiro Campionato de España infantil en Mataró. Máis tarde probou no lanzamento de peso e martelo e formou parte do Deportivo da Coruña durante os 21 anos da súa carreira como atleta. Proclamouse tres veces consecutivas campión de España absoluto de lanzamento de martelo nos anos 1964, 1965 e 1966. Bateu cinco veces o récord de España e en 1965 en Bourges converteuse no primeiro español en superar os 60 metros. Foi ademais cinco veces campión de Galicia, catro delas en lanzamento de martelo (1965, 1970, 1973 e 1978) e unha en lanzamento de peso (1965).
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1941 Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Finados en 2026 Categoría:Lanzadores de peso