O coque occipital ou chignon (en inglés occipital bun) é unha saliencia ou proxección prominente do óso occipital na parte posterior do cranio. É un elemento importante nas descricións científicas dos cranios clásicos dos neandertais. Atópase entre as especies de Homo arcaicos (incluídos os neandertais), así como en Homo sapiens do Plistoceno Superior e en poboacións humanas actuais.

miniatura|O coque occipital nun cranio de neandertal

Coque occipital en neandertais miniatura|O coque occipital sinalado nun cranio de neandertal O coque occipital é unha saliencia do óso occipital. O seu tamaño e forma foron comparados aos dun bolo. É unha característica marcante dos neandertais, aínda que sexa unha tendencia nas especies de Homo arcaicos. A verdadeira función do coque occipital aínda non foi definida. Non obstante, algúns estudos atoparon posíbeis propósitos evolutivos. Nun estudo publicado en Proceedings of the Royal Society B, o coque occipital foi atribuído ao alongamento do córtex visual; hipotetízase que esta sexa unha adaptación aos niveis de luz máis baixos encontrados nas latitudes máis altas de Europa. Este córtex visual ampliado tamén se correlaciona cos ollos maiores dos neandertais. Tamén se levantou a hipótese de que o coque occipital funcionaría para aliviar a tensión nos músculos do pescozo, compensando o peso da face máis pesada e robusta dos neandertais.

Homoloxía Un estudo realizado por Lieberman, Pearson e Mowbray fornece evidencias de que individuos con cabezas estreitas (dolicocéfalos) ou bases craniais estreitas e cerebros relativamente grandes teñen maior probabilidade de presentar coque occipital como forma de resolver un problema de acomodación espacial. Isto difire dos neandertais, que teñen bases craniais máis largas. Isto suxire que non habería homoloxía entre os coques occipitais dos neandertais e os do Homo sapiens.

Alén dos neandertais, tamén foron achados fósiles de Homo sapiens modernos antigos de Europa con coque occipital. Moitas poboacións humanas modernas actuais, incluídos os saamis, os bosquímanos de Suráfrica e os aboríxenes australianos, teñen ocorrencias frecuentes de coque occipital. Na Península Ibérica, é relativamente común en individuos galegos, portugueses do Norte, asturianos e vascos. É por isto que algunhas hipóteses apuntan para unha posíbel hibridación entre Homo sapiens e Homo neanderthalensis, se ben non é algo amplamente demostrado.

Diferenza entre coque occipital e toro occipital miniatura|Coque occipital nun home moderno

Aínda que os termos coque occipital (occipital bun) e toro occipital (torus occipitale) son ás veces usados como sinónimos, é importante diferenciar estes dous conceptos anatómicos.

O toro occipital refírese a unha proxección externa do inion, a parte máis prominente da protuberancia occipital externa (POE). Aínda que non haxa unha clasificación amplamente utilizada, a POE é tipicamente clasificada morfoloxicamente como: tipo I (plana ou ausente), tipo II (crista ou cúspide), tipo III (nódulo ou protuberancia) e tipo IV (esporón ou gancho). O nome toro occipital refírese, xeralmente, aos tipos III e IV. Nalgúns casos, individuos con toro occipital prominente experimentan unha serie de síntomas. Os síntomas máis comúns inclúen sensibilidade na parte posterior do cranio ao deitar ou ao mover o pescozo. Pode realizarse un procedemento cirúrxico para reducir o tamaño da protuberancia e aliviar os síntomas.

O coque occipital, que é o tema deste artigo, é unha saliencia arredondada ou proxección da parte escamosa do óso occipital, localizada por baixo da protuberancia occipital interna.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Home de Neandertal Cranio humano Óso occipital

Categoría:Esqueleto