Odón de OrleánsXenealoxía de Odón de Orleáns, nado c. 790 e finado en 834, foi conde de Orleáns, Autun 834 e Nevers. Traxectoria Os Annales Fuldenses sitúano en 810 como enviado imperial a Saxonia cando foi capturado por Wilzis. En 811, os Annales de Exinardo menciónano como asinante dun acordo cos normandos. Arredor de 825 recibiría o condado de Autun (e quizais Nevers) á morte de Teodorico III. En febreiro de 828, na dieta xeral do imperio, Matfrido de Orleáns (conde c. 821–828) foi privado dos seus honores e o condado de Orleáns foi cedido a Odón, primo de Bernardo de Septimania. Pero en 830, cando Lotario I chegou ao poder, perdeuno e foi devolto a Matfredo, pero a contrarrevolución que devolveu o poder a Lois o Piadoso, fixo que o recuperase uns meses despois. Matfredo foi indultado e restituído nos seus honores, pero parece que Odón conservou o condado de Orleáns. En 833 Lotario volveu ao poder, pero o 1 de marzo de 834 Lois foi restituído, aínda que Lotario aínda tiña moitos seguidores, entre os que Matfredo, antigo conde de Orleáns, e Lamberto, marqués de Bretaña e conde de Nantes, e os seus partidarios devastaron Neustria á dereita do Loira. O conde Odón de Orleáns, do campo imperial, e outros señores, fixeron campaña entre o Loira e o Sena para se enfrontaren aos ataques de Matfredo e Lamberto; os dous exércitos finalmente enfrontáronse e Odón foi derrotado e morto xunto co seu irmán, o conde Guillerme de Blois, o conde Guido de Maine e outros magnates.
Xenealoxía Pode que fose fillo do primeiro conde carolinxio de Orleáns, Hadrián (?-821), fillo de Xeroldo I de Vintzgau e Emma de Alamaña, que era cuñado de Carlomagno (irmán de Hildegarda, a esposa do emperador) e conde palatino do Rin. A súa nai sería WaldradaXenealoxía de Odón de Orleáns. Casou con Enxeltrude de Fézensac, filla do conde Leutardo I de París e de Grimilda, e tivo polo menos dous fillos: Ermentruda de Orleáns (c. 830-869), esposa de Carlos II o Calvo. Guillerme de Orleáns, (?- 866), conde de Orleáns (834-866) decapitado por traizón. Outros posíbeis fillos son: Enxeltrude, casada con Aubry, señor de Sens. Gebhard de Lahngau (finado despois de 879), pai de Udo de Neustria, Berengario I de Neustria e do abade Waldo. Parentes
Notas
Categoría:Finados en 834 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século VIII Categoría:Condes de Nevers Categoría:Condes de Autun Categoría:Condes de Orleáns