Iolanda de Dreux ou Iolanda de Montfort Xenealoxía de Iolanda de Dreux en Medieval Lands, nada c. 1269 e finada o 2 de agosto de 1322, foi condesa de Montfort l'Amaury de pleno dereito e raíña de Escocia por matrimonio con Alexandre III de Escocia. Era filla de Roberto IV, conde de Dreux, e de Beatriz de Montfort. Traxectoria O 1 de novembro de 1285 casou en primeiras nupcias con Alexandre III de Escocia (finado en 1286), rei dese país, pero non tivo fillos. Como viúva, casou en segundas nupcias arredor de 1292 con Artur II, duque de Bretaña, e tivo 6 fillos:

Xoán II de Montfort (1293 - 1345), conde de Montfort, que en 1341 sucedeu ao seu medio irmán Xoán III como duque de Bretaña. Beatriz de Bretaña (1295 - 1384), señora de Hédé, casou en 1315 con Guido X de Laval (finado en 1347). Xoana (1296 - 1364), casada en 1323 con Roberto de Flandres (finado en 1331), señor de Cassel e conde de Marle. Alix de Bretaña (1298 - 1377), casada en 1320 con Bucardo VI (finado en 1353), conde de Vendôme e Castres. Branca (1300, morta nova). María (1302 - 1371), monxa priora de Saint-Louis de Poissy. Enviuvada en 1312 do seu segundo marido, Artur II, opúxose durante moito tempo ao seu afillado Xoán III en canto á súa herdanza e ao seu dote usufrutuario. Morreu en 1322.

Notas

Categoría:Personalidades da política da Bretaña Categoría:Reis de Escocia Categoría:Duques da Bretaña Categoría:Nados no século XIII Categoría:Finados en 1322