O terceiro Goberno de Pedro Sánchez foi presentado por Pedro Sánchez o 20 de novembro de 2023, composto por 12 mulleres e 10 homes. Previamente, foi investido presidente do Goberno polo Congreso dos Deputados o 16 de novembro de 2023, tras chegar a un acordo de goberno entre o PSOE e Sumar e contar co apoio externo dos partidos autonómicos, ERC, Junts, EH Bildu, PNV, BNG e CC. Quedou fóra do executivo e do acordo de goberno Podemos, que pasou ao grupo mixto tralos desacordos entre estes e o Movemento Sumar.
Malia todo, trátase dun goberno de coalición minoritario no parlamento, cunha maioría simple de 148 deputados na Cámara Baixa e unha minoría absoluta no Senado, con 95 senadores dos 266 que conforman a Cámara Alta, sendo o principal partido da oposición o que ten maioría absoluta.
Contexto Nas eleccións xerais españolas de xullo de 2023, o Partido Popular (PP) foi o partido que colleitou máis votos, pero o candidato Alberto Núñez Feijóo non conseguiu ser investido no Congreso dos Deputados con 172 votos a favor (o PP, Vox, Coalición Canaria (CC) e a Unión Popular Navarra), e 177 en contra e un voto nulo, o de Eduard Pujol de JuntsxCAT.
Finalmente, Pedro Sánchez foi reelixido presidente do Goberno de España o 16 de novembro de 2023 por maioría absoluta no Congreso dos Deputados tras aceptar unha lei de amnistía polas represalias durante o proceso independentista catalán, sumando 179 votos a favor (Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), Movemento Sumar, Esquerra Republicana de Cataluña (ERC), Junts, Euskal Herria Bildu, Partido Nacionalista Vasco (PNV), Bloque Nacionalista Galego e CC) e 171 en contra (PP, Vox e UPN). Esta investidura levou ao comezo dun novo goberno de coalición entre o PSOE e a coalición Sumar.
Estrutura e composición O 20 de novembro de 2023, Pedro Sánchez anunciou os nomes dos vinte e dous ministros que lle propuxera ao rei Filipe VI. Sánchez deseñou un goberno composto por dezasete ministros do PSOE e cinco de Movemento Sumar, deixando a Podemos fóra do Executivo tras os desacordos entre estes e o Movemento Sumar. Os ministros tomaron posesión do seu cargo no Palacio da Zarzuela o 21 de novembro de 2023. ← Terceiro goberno de Pedro Sánchez → (dende o 21 de novembro de 2023)CargoTitularPartido políticoPresidentePedro Sánchez Pérez-Castejón Dende o 17 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxVicepresidenciasVicepresidenta primeiraNadia María Calviño SantamaríaProposta polo PSOE. 21 de novembro de 2023 - 29 de decembro de 2023centro|senmarco|150x150pxIndependenteMaría Jesús Montero Cuadrado Dende o 29 de decembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxVicepresidenta segundaYolanda Díaz Pérez Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxVicepresidenta terceiraTeresa Ribera Rodríguez 21 de novembro de 2023-25 de novembro de 2024centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxSara Aagesen Muñoz Dende o 25 de novembro de 2024centro|senmarco|142x142pxIndependenteVicepresidenta cuartaMaría Jesús Montero Cuadrado 21 de novembro de 2023 - 29 de decembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxO 29 de decembro de 2023 suprimiuse o cargo.MinisteriosAsuntos Exteriores, Unión Europea e CooperaciónJosé Manuel Albares Bueno Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|133x133pxcentro|senmarco|50x50pxPresidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes Notario Maior do Reino
Secretario do Consello de MinistrosFélix Bolaños García Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxDefensaMaría Margarita Robles Fernández Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxIndependenteFacenda e Función Pública (2023) Facenda (dende 2023)María Jesús Montero Cuadrado Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxInteriorFernando Grande-Marlaska Gómez Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxIndependenteTransportes e Mobilidad SostibleÓscar Puente Santiago Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxEducación, Formación Profesional e DeportesMaría del Pilar Alegría Continente 21 de novembro de 2023-22 de decembro de 2025centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxMilagros Tolón Jaime Dende o 22 de decembro de 2025 centro|senmarco|50x50pxTraballo e Economía SocialYolanda Díaz Pérez Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxIndustria e TurismoJordi Hereu i Boher Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxAgricultura, Pesca e AlimentaciónLuis Planas Puchades Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxSanidadeMónica García Gómez Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxVivienda e Axenda UrbanaIsabel Rodríguez García Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxEconomía, Comercio e EmpresaNadia María Calviño Santamaría 21 de novembro de 2023 - 29 de decembro de 2023centro|senmarco|150x150pxIndependenteCarlos Cuerpo Caballero Dende o 29 de decembro de 2023centro|senmarco|146x146pxIndependenteCulturaErnest Urtasun i Domènech Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxPolítica Territorial e Memoria DemocráticaÁngel Víctor Torres Pérez Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxCiencia, Innovación e UniversidadesDiana Morant Ripoll Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxDereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030Pablo Bustinduy Amador Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxTransición Ecolóxica e Reto DemográficoTeresa Ribera Rodríguez 21 de novembro de 2023-25 de novembro de 2024centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxSara Aagesen Muñoz Dende o 25 de novembro de 2024centro|senmarco|142x142pxIndependenteIgualdadeAna Redondo García Dende el 21 de novembro de 2023centro|senmarco|125x125pxcentro|senmarco|50x50pxInclusión, Seguridade Social e MigraciónsElma Saiz Delgado Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxTransformación Dixital (2023) Transformación Dixital e Función Pública (2023-)José Luis Escrivá Belmonte 21 de novembro de 2023 - 6 de setembro de 2024centro|senmarco|150x150pxIndependenteÓscar López Águeda Dende o 6 de setembro de 2024centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxMocidade e InfanciaSira Abed Rego Dende o 21 de novembro de 2023centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|53x53pxPortavocíaPortavocía do GobernoMaría del Pilar Alegría Continente 21 de novembro de 2023 - 22 de decembro de 2025centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50pxElma Saiz Delgado Dende o 22 de decembro de 2025centro|senmarco|150x150pxcentro|senmarco|50x50px
Cambios de goberno O 29 de decembro de 2023, Nadia Calviño foi elixida para presidir do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e foi substituída por María Jesús Montero como Vicepresidenta e Carlos Cuerpo Caballero como Ministro de Economía, Comercio e Empresa.
O 6 de setembro de 2024, Óscar López Águeda foi nomeado Ministro de Transformación Dixital e Función Pública en substitución de José Luis Escrivá Belmonte, quen foi nomeado Gobernador do Banco de España.
O 25 de novembro de 2024, Sara Aagesen Muñoz substituíu a Teresa Ribera como vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico cando Ribera se converteu en vicepresidenta da Comisión Europea e Comisaria de Competencia.
O 22 de decembro de 2025, Elma Saiz Delgado e Milagros Tolón substituíron a José Luis Escrivá e Pilar Alegría como ministra de Seguridade Social e Inclusión e como portavoz do Goberno e ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, respectivamente. Alegría foi designada cabeza de lista socialista para as eleccións ás Cortes de Aragón de 2026.
Durante a lexislatura, os ministros Montero, Albares, Marlaska, Bolaños e Puente foron inhabilitados polo Senado.
Críticas da Comisión europea A Comisión Europea, no seu informe sobre a saúde democrática dos Estados membros de xullo de 2025, a pesar de non detectar riscos sistémicos para o Estado de dereito, informou de que aínda estaban pendentes medidas no ámbito xudicial, a loita contra a corrupción, a transparencia, os medios de comunicación e a reforma do sistema de elección dos membros da quenda xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial.
A Comisión Europea fíxose eco da rede de corrupción do caso Koldo que implicou a adxudicación de contratos de obras públicas a Santos Cerdán, José Luis Ábalos e Koldo García, o que levou á dimisión de Santos Cerdán como Secretario de Organización do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE). A comisión advertiu do alto risco de corrupción na contratación pública e de conflitos de intereses entre altos cargos, que identificou como de alto risco debido á falta de reforma da lexislación electoral de acordo coas recomendacións do Tribunal de Contas e as disposicións da lei de protección dos denunciantes de 2023.
Notas
Véxase tamén
Categoría:2023 Categoría:XV lexislatura de España