A devesa de Navalvillar é un espazo natural que se atopa no concello de Colmenar Viejo, Madrid (España). Existen referencias a ela dende o século XI, onde se menciona que o rei Afonso X cazaba osos nas súas paraxes. Dende hai algúns séculos perdeu a súa masa forestal pola venda da madeira para o pago das débedas municipais. Debido á súa situación nas marxes da serra de Guadarrama, protexida polo norte polo cerro de San Pedro foi lugar de asentamentos dende a antigüidade. Entre os restos atopados hai gran cantidade de vivendas visigodas dos séculos VI e VII que perduraron até despois da toma da península polos árabes do século VIII e minas de metais.

Xa en época moderna foi escenario de rodaxes cinematográficas, máis de duascentas (Spartacus, El Cid e gran cantidade de spaghetti westerns; prácticas de tiro militar, almacén de material municipal e lugar de lecer).

Fauna e flora miniatura|A devesa de Navalvillar emprégase como pasto comunitario para o gando vacún. Polo seu gran valor ecolóxico o Concello de Colmenar Viejo dispón dun plan de conservación dende 1996.

Fauna: os animais que dan grande importancia a este lugar son os seguintes: o raposo, o corzo, a aguia imperial ibérica, a aguia real, o bufo real, o voitre negro, gran variedade de garzas, miñatos negros e reais, o voitre eurasiático e a cegoña branca.

Flora: freixo, aciñeira, carballo anano, sobreira e grandes variedades de flores.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas A devesa de Navalvillar e o cinema.

Categoría:Áreas protexidas da Comunidade de Madrid Categoría:Colmenar Viejo