The Gentlemen: Os señores da mafia é un filme británico-estadounidense de comedia de acción de 2019, dirixido e producido por Guy Ritchie, coescrito con Marn Davies e Ivan Atkinson. Está protagonizado por Matthew McConaughey, Charlie Hunnam, Henry Golding, Michelle Dockery, Jeremy Strong, Eddie Marsan, Colin Farrell e Hugh Grant, e conta a historia dun capo da droga estadounidense en Inglaterra que quere vender o seu negocio, o que desencadea unha serie de chantaxes e plans para socavalo.
The Gentlemen: Os señores da mafia estreouse en Curzon Mayfair Cinema o 3 de decembro de 2019,MarketMeets. Film Premieres 2019. nos cinemas do Reino Unido o 1 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment Film Distributors e nos dos Estados Unidos o 24 de xaneiro de 2020 a través de STXfilms. Recibiu valoracións xeralmente positivas por parte da crítica e tamén foi un éxito comercial, recadando 115 millóns de dólares en todo o mundo fronte aos 22 millóns de dólares do seu orzamento. Tivo unha serie spin-off estreada en Netflix en 2024 con Theo James como protagonista. Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.
Personaxes
Matthew McConaughey como Michael "Mickey" Pearson Tom Lambert como Mickey Pearson de mozo Charlie Hunnam como Raymond Smith Henry Golding como "Dry Eye" Jeremy Strong como Matthew Berger Colin Farrell como "The Coach" Hugh Grant como Fletcher Michelle Dockery como Rosalind Pearson Eddie Marsan como "Big" Dave Bugzy Malone como Ernie Tom Wu como "Lord" George Jason Wong como Phuc George Asprey como Lord Snowball Samuel West como Lord Pressfield Geraldine Somerville como Lady Pressfield Eliot Sumner como Laura Pressfield Simon Baker como Frazier Chidi Ajufo como "Bunny" David Garrick como Dave Guy List como garda de seguridade Lyne Renée como Jackie Berger Chris Evangelou como "Primetime" Franz Drameh como "Eggs" Benny James Warren como Jim "The Iron Chin" Sean Sagar como Mal "Ghost" Tom Rhys Harries como Power Noel Danny Griffin como Aslan Max Bennett como Brown Togo Igawa como Wang Yong Bruce Chong como Ngoc John Dagleish como "Hammy" Gershwyn Eustache Jr como Roger Lily Frazer como Lisa Brittany Ashworth como Ruby Ashley McGuire como Maureen Eugenia Kuzmina como Misha Jordan Long como Bobby Guy Ritchie como executivo de Miramax Studio (sen acreditar)
Notas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Guy Ritchie Categoría:Filmes producidos por Bill Block Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego