O río Vardar ou Axios é o río máis longo de Macedonia do Norte e un dos principais de Grecia, onde desemboca no mar Exeo en Tesalónica. Ten unha lonxitude de 388 km, dos cales 76 km transcorren por Grecia; ten unha área duns 25 000 km². A súa profundidade máxima é de 4 metros.

Etimoloxía O nome Vardar podería derivarse do tracio, malia que o dardanio, o peonio, o macedonio e o grego antigo tamén se falaban nas súas marxes.

Xeografía O río ten a súa orixe en Vrutok, unha vila a poucos quilómetros ó suroeste de Gostivar, en Macedonia do Norte. Despois, atravesa Gostivar, Skopje e Veles, para logo cruzar a fronteira grega preto de Gevgelija, Polykastro e Axioupoli (a "cidade do Axios"). O río desemboca no golfo termaico, na Macedonia Central, ó oeste de Tesalónica, no norte de Grecia. Alí forma un gran delta fluvial xunto cos ríos Lidias e Haliacmón, que forma parte do Parque Nacional do delta do Axios.

Notas

Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Ríos de Macedonia do Norte Categoría:Ríos de Grecia