Artur Trillo, nado en Miñóns, Dumbría o 28 de outubro de 1968, é un autor, director e actor galego.

Traxectoria miniatura|250px|Compañía Talía Teatro. Leva desde 1988 como director da compañía Talía Teatro. Alén diso, ten realizado montaxes con outras compañías. Como actor foi premiado en numerosas ocasións, destacando a súa interpretación nos espectáculos de Talía Teatro Esperando a Godot, E ti, quen vés sendo?, Bicos con lingua e O encoro, de Teatro do Atlántico.

Formou parte de Un medio, un grupo poético constituído en Cee en 1986 no seo da Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade e do grupo de teatro Talía e que estivo activo até 1990.

Obras 2023: Voa, voa!, colección Árbore da Editorial Galaxia.

Obras colectivas 2012: Pelos na lingua, xunto con Sechu Sende, María Ordóñez e Avelino González. Representado por Talía Teatro.

Dirección de teatro 1997: Flores de Papel, de Egon Wolf, por Traslús Teatro.

Televisión 2009-2013: Matalobos, como Lois Piñeiro Portela. 2014-2020: Serramoura, como Xoán, membro da cuadrilla de Evaristo. 2016: Urxencia cero

Cinema 2016: Sicixia como tío de Olalla. 2016: Migas de pan 2021: Tres como traballador do tanatorio

Galardóns 2004: Premio María Casares ó mellor actor protagonista, por Bicos con lingua (Teatro do Adro). 2009: Premio María Casares ó mellor actor secundario, por E ti, quen vés sendo (Talía Teatro). 2010: Premio María Casares á mellor dirección, ex aequo por Palabras encadeadas (Talía Teatro).A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns , artigo en Xornal.com. 2012: Premio Max ao mellor autor teatral en galego, con Avelino González e María Ordóñez, por Pelos na lingua. 2012: Premio María Casares ó mellor texto orixinal, xunto con Avelino González, Séchu Sende e María Ordóñez, por Pelos na lingua (Talía Teatro). 2022: Premio María Casares ó mellor texto orixinal, xunto con Marta Lado, Araceli Gonda, Diego Rey, Séchu Sende e Jose Prieto, por A parábola do angazo, de Talía Teatro.

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Dumbría Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega