Espadaña foi unha revista leonesa de poesía editada entre 1944 e 1951. Fundada por Antonio González de Lama, Eugenio García de Nora e Victoriano Crémer, publicou obras opostas ó réxime franquista e mantivo unha liña editorial de compromiso político e social.

Historia Espadaña naceu como oposición á revista poética Garcilaso. Juventud creadora (1943-1946), que cultivaba unha poesía clasicista e afecta ó réxime, dentro do chamado garcilasismo. Espadaña serviu de vehículo para unha poesía de ton desarraigado e existencialista que chegou a ser cualificada de tremendista. Ambas revistas representaron as dúas principais correntes poéticas da posguerra española. Isto non impediu que os seus respectivos directores, Victoriano Crémer e José García Nieto, mantivesen unha grande amizade e estima persoal e literaria, como revela a súa correspondencia.

Espadaña converteuse nunha revista de poesía e de crítica. Nela publicaron autores como César Vallejo, Pablo Neruda, Miguel Hernández, Antonio Pereira, José Hierro, Ángela Figuera Aymerich, Antonio Gamoneda, Gabriel Celaya e Blas de Otero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Revistas en lingua castelá