Denomínase can mestizo ao can sen pedigree, cuxa ascendencia é xeralmente descoñecida, pero sábese que ten características de dúas ou máis tipos de razas, ou é descendente de poboacións de cans salvaxes ou da rúa.

Un can mestizo ou de raza mixta é un can que non pertence a ningunha raza recoñecida por organizacións de criadores e que é resultado dunha crianza non selectiva. As estimacións sitúan a prevalencia de cans mestizos en 150 millóns de animais en todo o mundo.

Terminoloxía

Raza cruzada e mestizo Os cans de raza pura foron, na súa maior parte, creados artificialmente a partir de poboacións criadas ao chou mediante a cría selectiva humana co propósito de mellorar as características físicas, de comportamento ou temperamentais desexadas. Os cans que non son de raza pura non son necesariamente unha mestura desas razas definidas. Polo tanto, entre algúns expertos e afeccionados a estes cans, mestizo segue sendo o termo preferido.

As razas cruzadas, cans de raza mixta ou cans de deseño son cans mestizos que a miúdo son produto da selección artificial e creados intencionadamente polos humanos.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Cans