Os filomedúsidos (Phyllomedusidae) son unha familia de ras que viven no Neotrópico (Suramérica). Anteriormente eran a miúdo consideradas como unha subfamilia (Phyllomedusinae) dentro das ras arborícolas Hylidae, pero cada vez máis son consideradas unha familia separada.

Estas ras son consideradas un grupo irmán das ras arborícolas australianas (Pelodryadidae), unha familia de ras distribuída por Australia e Nova Guinea, a pesar de que ambos taxons están moi separados xeograficamente. O antepasado común de ambas as familias pénsase que viviu a principios do Cenozoico en Suramérica, onde as Phyllomedusidae aínda viven, e dúas familias diverxeron unha da outra durante o Eoceno. Os devanceiros de Pelodryadidae probablemente colonizaron Australasia desde Suramérica a través da Antártida, que naquel tempo non estaba aínda conxelada. O clado que comprende as dúas familias (ou subfamilias) é irmán do das ras Hylidae, das cales diverxeron a principios do Paleoxeno.

Taxonomía A familia Phyllomedusidae contén os seguintes xéneros: Agalychnis (14 especies) Callimedusa (6 especies) Cruziohyla (3 especies) Hylomantis (dúas especies) Phasmahyla (8 especies) Phrynomedusa (5 especies vivas e outra máis extinta recentemente) Phyllomedusa (16 especies) Pithecopus (12 especies).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Amphibian Species of the World http://www.tolweb.org/Phyllomedusinae http://amphibiaweb.org/lists/Hylidae.shtml

Categoría:Anuros