Luis Miguel "Luismi" Areda Figueiredo, nado o 4 de novembro de 1974 en Vigo, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na posición de defensa central. Na tempada 2025/26 traballa como adestrador auxiliar do Celta Fortuna da Primeira Federación.
Traxectoria como xogador Luismi formouse nas categorías inferiores do Sárdoma Club de Fútbol. Como xogador sénior formou parte do Gran Peña da Terceira División e do Pontevedra Club de Fútbol da Segunda División B. En 2003 fichou polo Real Oviedo e contribuíu a lograr o ascenso a Segunda B na tempada 2004/2005. En 2005 asinou contrato co Granada Club de Fútbol. Ese mesmo ano comezou a xogar no CCD Cerceda. Finalmente foi xogador do Vilalonga Club de Fútbol, equipo no que se retirou na tempada 2008/2009.
Traxectoria como adestrador Primeiros anos Luismi comezou a súa traxectoria como adestrador no Club Deportivo Areosa. En 2013 foi contratado para dirixir o Gran Peña, ao mesmo tempo que adestraba o conxunto cadete do Celta de Vigo. Na tempada 2014/15 foi o adestrador do Mondariz Fútbol Club da Preferente Autonómica de Galicia. No verán de 2016 asinou un novo contrato para dirixir a Unión Deportiva Atios.
Pontevedra Na tempada 2017/18 pasou a formar parte do corpo técnico do Pontevedra Club de Fútbol e foi asignado inicialmente ao conxunto xuvenil. En decembro de 2017, tras a destitución de Luisito, Luismi foi promovido provisionalmente como adestrador do primeiro equipo. En maio de 2019 renovou contrato co club pontevedrés para continuar a dirixir o cadro principal. A súa destitución tivo lugar o 21 de outubro de 2019.
En xullo de 2021 regresou ao equipo técnico pontevedrés como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol B.
Celta de Vigo No verán de 2022 anunciouse a saída de Luismi do Pontevedra para incorporarse no corpo técnico da base do Celta de Vigo. Posteriormente foi nomeado segundo adestrador do Celta Fortuna xunto a Fredi Álvarez, cargo que renovou para a tempada 2025/26.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Luismi Areda Perfil en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Adestradores do Gran Peña Categoría:Adestradores do Mondariz FC Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do Pontevedra CF B