Os policrótidos (Polychrotidae) son unha familia (ás veces clasificados como a subfamilia Polychrotinae) de lagartos iguanas que contén o xénero vivo Polychrus e o xénero extinto Afairiguana. Antes pensábase que a familia Polychrotidae comprendía todos os anolis, incluíndo os do xéneros Anolis (o cal agora se clasifica na familia Dactyloidae). Estudos de relacións evolutivas dos anolis baseadas en información molecular mostraron que Polychrus non está estreitamente relacionado con Anolis, senón que é máis próximo a Hoplocercidae. Por tanto, non forma parte de Dactyloidae e no seu lugar trátase como familia co nome Polychrotidae.

Notas