A seguir recóllese a pegada que deixou o corvo na cultura popular galega, tanto nas diferentes crenzas e tradicións creadas ó seu redor como cando queda reflictido na literatura popular (refráns, cantigas e adiviñas).
miniatura|dereita|300px|Corvo
En Galicia, o corvo está considerada unha ave de mal agoiro (como tamén o é o can que ouvea de noite, a curuxa que vén pousar no tellado da casa ou o moucho que vén cantar), tanto pola cor negra da súa plumaxe, por comer carniza ou polo seu desagradable grallar. Ver un corvo no camiño, ou voando nas proximidades da casa ou que pase berrando por riba do tellado, agoira unha morte próxima na casa Vicente Risco (1962), 416).. Por iso, cando se ve algún, hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta" Penas Patiño (1980), 113. Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio o Vello.. Aínda así, en Cambados coidan que dá mala sorte matar un corvo, pero tamén din que ver un corvo anuncia a morte de alguén, pero se se ven máis dun, non.Adela Leiro.
Esta nefasta consideración do corvo foi recollida tamén por José Luis Gárfer como parte dun conxuro a pronunciar mentres se fai a queimada:
¡Que non entres as coruxas nin os mouchos nin as pegas, nin as bruxas! nin os corvos que graxean Gárfer, 23.
Francisco Lanza conta que na comarca de Ribadeo contan que cando os corvos voan pola mañá desde Asturias cara Galicia, din que veñen pra a escola; e que cando regresan á noite, volven da escola.Citado por Eladio Rodríguez, s. v. corvo.
Léxico miniatura|300px|Rícino ou herba do corvo Chámanse, despectivamente, corvos os seminaristas, en alusin á cor negra dos seus hábitos.
Grao de corvo é un dos nomes do cornizó do centeo. Herba do corvo é un dos nomes do rícino (Ricinus communis).Martín Sarmiento: Viaje a Galicia. Corvo designa tamén un peixe, o muxe (Mugil cephalus), quizais debido a que se curva en forma de media lúa.Juan Cuveiro Piñol. ou á súa cor cinza escura.Ríos Panisse 1977.
Pola súa similitude, tamén forma parte do nome doutras dúas aves: Corvo cereixeiro ou ouriolo (Oriolus oriolus).Elixio Rivas (2001), s. v. corvo. Corvo de/do mar, corvo mar, corvo mareiro, corvo mariñeiro, o corvo mariño, ave mariña do xénero Phalacrocorax.Eladio Rodríguez e Ríos Panisse. Tamén se denomina perico zambullo.Ríos Panisse, II. Antón Santamarina dá a seguinte etimoloxía: "Denominación humorística que alude por un lado á súa mobilidade, que o fai semellar a un 'perico' (un carneiro), que tamén se di dunha moza chegada á puberdade que ten maneiras de home, e por outro lado á súa forma de pescar mergullándose. A forma 'perico' é diminutivo de Pero, por Pedro, nome propio".En castelán no orixinal.
Locucións Branco como as ás dun corvo: moi negro. Facer a ida do corvo: marchar e non volver. A frase fai alusión ó corvo que soltou Noé para saber se xa había terra firme.José María Pereda Álvarez. Feo coma un corvo: moi feo. Máis negro que un corvo: dise da persoa de cor moi escura. así como de calquera cousa de cor negra intensa.Eladio Rodríguez, s. v. negro. Tamén: Máis negro que as alas do corvo.Antonio de la Iglesia III, 227. ¡Pouco máis negro pode ser o corvo que as as! Tragar coma un corvo a unha solla: aceptar como certo o que é unha mentira ou engano.
Refraneiro Alégrase o corvo i o can do que fai o gavilán.O libro da caza, 26. Cal é o corvo, tal é o ovo.Adela Leiro, 63. Cando o corvo canta, e o carballo zoa, Virxe Nosa Señora, cáse sabe a broa!.Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia", 1790, en J. L. Pensado Tomé: Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267. No orixinal: Cando o corbo canta, y o carballo zòa, Virgen nosa Señora, cáse sabe a broa!. Cando o corvo corvea, o lobo rodea.Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín. "Corvear" é grallar o corvo. Cando o corvo corvexa, o lobo rastrexa.Rivas Quintas (1988), s. v. corvexar. Cómo se alegra o corvo do que fai o lobo. miniatura|300px|Cómo se alegra o corvo do que fai o lobo Corvo que estás no bico da pena, o que ouves por outro por tí o espera.Eladio Rodríguez, s. v. corvo. Corvo que estás no bico da pena, o que por outro ós, por ti o espera.Noriega Varela, 82. No orixinal: oyes.O libro da caza, 33. No orixinal, cervo, por erro. Corvos en bandada, ou sombra ou preada. Corvos veñen, preada hai. Cría corvos e sacaranche os ollos.Francisco Lanza, 78.Noriega Varela, 94. No orixinal: mayo, y-o. De mal corvo, mal ovo. Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.A Santa Cruz de maio celébrase o día 3. Dispois de vindimas, corvos.Eladio Rodríguez, s. v. vindima. Díxolle o corvo á pega: bótate alá, que eres negra. En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado.Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín Nace o corvo na pena e tira pra ela.Rivas Quintas (1988), s. v. pena. No orixinal prela. Nace o corvo na peneda e tira sempre a ela. Non pode ser o corvo máis negro que as aas. Nunca foi o corvo máis negro cas aas.Adela Leiro, 63. O que cría un fillo só, cría un corvo.Moreiras Santiso (1977), 8. Ornean os corvos, sinal de auga.Álvarez Giménez, 49. Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado.Eladio Rodríguez , s.v. Santa Cruz.O libro da caza, 39. Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo.La Voz de Galicia, 30.07.1988.San Cristovo celébrase o 10 e o 25 de xullo. Por san Pedro, o millo cúbrelle a ala ó corvo.La Voz de Galicia, 11.06.1983. Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado. Se os corvos voan altos, sinal é de ventos.Álvarez Giménez, 53. Sempre o corvo vai a onde preada hai. Tal o corvo, tal o ovo.Zamora Mosquera, 234. Un corvo a outro non lle tira os ollos.
Cantigueiro Cantigueiro Castellanos de Castilla,/ que lle fagués aos galegos, que iles van como palomas/ e vén coma corvos negros?.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973. Corvo agoireiro/ vaite lixeiro/ que nesta porta/ non hai carne morta.Penas Patiño (1980), 113. Corvos, andades comendo/ o trigo que eu sementei./ Fillos, andades facendo/ o que eu non vos mandei.Pérez Ballesteros, II, 272. Din que a reina esta sentada/ que ten a barriga dura:/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula!.Saudade nº 4, xullo 1943, 30.Pérez Ballesteros, II, 31. Ballesteros engade que escribe sentada escribe entre signos de interrogación, non por dúbida senón por atenuación. Si ti viras o que eu vin/ no monte do Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.Pérez Ballesteros, I, 22.
Adiviñas Alto estou,/ tres vexo vir,/ coa miña carapucha/ non podo fuxir [O ourizo das castañas e tres corvos].Gárfer, 285. Alto me vexo/ no meu capelexo,/ mouros vexo vir/ e bótome a fuxir [O ourizo e os corvos]. Alto me vexo/ no meu penderexo,/ negros os vexo vir/ e non lles podo fuxir [O ourizo e os corvos]. Alto me vexo/ no pico podexo,/ mouro vexo vir/ e non podo fuxir [O ourizo e os corvos]. ¿Quen será o que sen ser frade nin crego, sempre se viste de negro? [O corvo] Adela Leiro, 64. Unha sebe, tres anos;/ un can, tres sebes;/ unha besta, tres cans;/ un home, tres bestas;/ e un corvo, tres homes [A idade que pode alcanzar cada cal].Gárfer, 188. De ser certo, o corvo podería vivir 243 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
: Diccionario Gallego, Barcelona 1876 [en Dicionario de Dicionarios]
: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
[en Dicionario de Dicionarios]
Martín Sarmiento: Viaje que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el año de 1745, ed. de J. L. Pensado Tomé, Universidade de Salamanca, 1975. Saudade. Verba Galega nas Américas. México 1942-1953. Ed. facsímile Centro Ramón Piñeiro 2008.
Categoría:Listaxes de recompilación de etnografía galega