miniatura|Mapa de cables submarinos para a comunicación de internet. A soberanía dixital é a soberanía -autoridade, poder, control, regulación e xurisdición-, autonomía e independencia sobre os activos dixitais, incluídos os datos, o software, o hardware e a infraestrutura de telecomunicación e almacenamento así como a confianza de quen o usa en quen o crea, transportan e gardan. É, por tanto, a capacidade de garantir a seguridade e independencia en consonancia cos valores e intereses dun país, comunidade, rexión ou Estado. A soberanía dixital pode referirse tamén á soberanía dos cidadáns -dereito á privacidade na internet e non cesión de datos- ou á seguridade de datos de institucións, empresas ou organizacións privadas e públicas.
A soberanía dixital implica unha complexa interacción entre Estados, cidadáns e empresas, onde as empresas adoitan ter poder creativo sobre as tecnoloxías dixitais, mentres que os Estados teñen tanto o poder absoluto para asuntos de seguridade nacional e estratéxica, defensa nacional e tamén a autoridade reguladora para garantir os dereitos dos cidadáns. A soberanía dixital abarca cuestións como a privacidade dixital, a seguridade informática, a seguridade tecnolóxica, a accesibilidade e a regulación das multinacionais que operan a través das fronteiras. Na era dixital, lograr a soberanía dixital é crucial para manter a independencia, o control democrático e a responsabilidade sobre os recursos e servizos dixitais.
Notas
Categoría:Dereito internacional Categoría:Tecnoloxía Categoría:Dereito informático Categoría:Criptografía Categoría:Seguridade informática