Amancio González Vicente, nado en Roblido (A Rúa), o 22 de xullo de 1908, e finado en Neckarelz, subcampo de Natzweiler, o 30 de xaneiro de 1945, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.
TRAXECTORIA Foi capturado en Francia polos alemáns, no ano 1944, cando residía na localidade de Guchen, nos Altos Pireneos. Foi detido pola SIPO (Sicherheitspolizei, policía de seguridade), termo que se empregaba para denominar a calquera forza policial da Oficina Central de Seguridade do Reich (Reichssicherheitshauptamt, RSHA). miniatura|350x350px|Ficha de Amancio en Natzweiler Amancio viaxou no Train de la mort (tren da morte) que saíu de Compiègne o 2 de xullo. O nome débese á gran cantidade de mortes que se produciron durante o transporte. Os 22 vagóns de gando do tren levaban uns 2.000 deportados, sen auga, sen comida, baixo unha calor sufocante... En moitos vagóns houbo pelexas entre os prisioneiros. Calcúlase que morreron 519 na viaxe.
Chegou ao campo de Dachau o 5 de xullo de 1944, rexistrado co número 77958. Menos dun mes despois, o 22, foi transferido a Natzweiler, onde se lle asignou o número 21982.
Foi catalogado como Schutzhaft (en detención preventiva), unha práctica arbitraria durante o nazismo, que permitía deter aos opositores políticos ou a outras persoas indesexables sen ningunha garantía xudicial, e trasladalos aos campos de concentración.
Morreu en Neckarelz, un subcampo de Natzweiler, o 30 de xaneiro de 1945, onde seguramente traballaba nunha fábrica subterránea de motores de bombardeiros para a Daimler-Benz.
NOTAS
Véxase tamén
Bibliografía
Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.
Categoría:Nados na Rúa Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa