Francisco Iglesias González, nado en San Tomé (Ourense) o 17 de setembro de 1917, descoñecéndose o lugar e a data do seu pasamento, foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Entrou en Francia no ano 1939. Foi membro da Compañía de Traballadores Estranxeiros número 5, creada o 1 de marzo de 1940, destinada nos Alpes, no departamento de Savoia. Anos despois vivía en Bordeos, onde foi detido o 17 de abril de 1944, preso no cuartel Niel. Foi deportado desde o campo de tránsito de Compiègne o 18 de xuño de 1944. miniatura|350x350px|Ficha de Francisco Iglesias en Dachau Clasificado como Schutzhaft (en detención preventiva), unha práctica arbitraria durante o nazismo, que permitía deter aos opositores políticos ou a outras persoas indesexables sen ningunha garantía xudicial, e trasladalos aos campos de concentración.

Estivo un mes en Dachau, en xullo de 1944, desde onde foi trasladado a Buchenwald, ao subcampo de Eisenach (código 'Emma'), co número 74357. Rexistrado coa profesión de mecánico. Poucos días despois trasladárono ao kommando de Abteroda (código 'Anton'), en Turinxia. Foi un dos traballadores forzados da BMW, fabricando pezas de motores de avión. Traballou como perforador, xunto a outros 230 prisioneiros baixo a dirección dun SS chamado Landau.

Cando comezaron os bombardeos aliados, as fábricas da BMW foron transferidas a minas subterráneas. Os prisioneiros fabricaban as pezas para os motores e logo transportábanas en tren a Eisenach para a súa montaxe. As condicións de vida neste kommando eran soportables, segundo o testemuño dalgúns deportados. Porén, a 200 metros de distancia, un kommando de mulleres xudías procedentes de Ravensbrück, dirixidos polas SS- Helferin, traballaba producindo explosivos en condicións terribles.

Francisco Iglesias, despois da liberación en maio-xuño de 1945, foi repatriado a Francia, e recoñecido como refuxiado. Instalouse en Poitiers, casou, e traballou de albanel. Xubilouse en novembro de 1979.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1917 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Membros da resistencia na segunda guerra mundial Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa Categoría:Finados en ano descoñecido