Ülle Madise (de solteira Ülle Anton), nada en Tartu o 11 de decembro de 1974, é unha xurista estoniana que exerce como Chanceler de xustiza desde 2015. Madise é filla de Tõnu Anton, antigo membro do Tribunal Supremo de Estonia e asinante da ratificación da Restauración da Independencia de Estonia.

Traxectoria

Formación En 1993, Madise graduouse na Escola Descartes de Tartu e, en 1998 graduouse cum laude na Facultade de Dereito da Universidade de Tartu. Doutoruse en administración pública na Universidade Técnica de Talín.

Carreira académica De 2009 a 2011, foi profesora de dereito público na Universidade Técnica de Talín e, de 2011 a 2016, foi profesora de dereito constitucional na Universidade de Tartu.

Carreira profesional En 2015, foi nomeada Chanceler de Xustiza. En Estonia, o Chanceler de Xustiza non é un cargo político, senón que é nomeado polo Riigikogu por un mandato de sete anos. O Chanceler debe "actuar como supervisor independente dos principios básicos da Constitución de Estonia e protector dos dereitos humanos e sociais individuais, a dignidade e a igualdade humanas e o estado de dereito". En decembro de 2021, foi reelixida polo Riigikogu para un segundo mandato.

Desde 2010, durante cinco anos, foi membro do Consello de Goberno da Academia de Artes de Estonia. Entre outros cargos, foi membro da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, do Consello Estoniano de Ética para Funcionarios Públicos, da Rexión Europea do Instituto Internacional do Defensor do Pobo (IOI) e do Consello Mundial do IOI.

Como chanceler de Xustiza, Madise pronunciouse sobre os plans para instalar cámaras de vixilancia, a publicación de detalles de chamadas telefónicas interceptadas de persoas non acusadas de ningún delito, interveu na emisión de tarxetas de identidade dixitais e cualificou de ilegal a lei de impostos sobre vehículos de Estonia.

Madise presentou dous programas científicos regulares na emisora ​​estoniana Raadio Kuku entre 2009 e 2018, e pasa o seu tempo libre vendo documentais sobre natureza.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Tartu Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Xuristas de Estonia Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Talín Categoría:Profesores da Universidade Técnica de Talín